Casares demanda medidas á Comisión Europea ante o colapso dos portos marroquís

December 20, 2019

O eurodeputado socialista galego urxe ao Executivo comunitario medidas para axilizar a saída das capturas descargadas en Marrocos.

O eurodeputado socialista galego, Nicolás González Casares, urxiu esta mañá á adopción de medidas por parte da Comisión Europea ante o colapso dos portos marroquís que está impedindo a saída das capturas da flota comunitaria.A través dunha pregunta parlamentaria, o eurodeputado socialista incidiu en que nos últimos días rexistráronse “graves problemas” que afectan tanto á saída das capturas pesqueiras en Mauritania como en Marrocos, “debido ao colapso dos seus portos e problemas coa documentación”. González Casares recordou que, tras abrirse a posibilidade de descargar as capturas en Marrocos, “a flota atopouse co colapso do porto de Dajla, así como con problemas para obter a documentación sanitaria”, pois, como denunciou a flota pesqueira, “as autoridades sanitarias marroquís non selan os documentos oficiais europeos, co cal a carga vese bloqueada”. Por ilo, demandou á Comisión a adopción de medidas “para axilizar a saída de capturas descargadas en Marrocos pola flota comunitaria”.A través doutra iniciativa, o eurodeputado socialista preocupouse pola introdución de cambios unilaterais no acordo de pesca con Marrocos. Concretamente, tras reunirse esta semana en Marín co presidente e o xerente da Asociación Nacional de Armadores de Buques Conxeladores e Cefalopodeiros (ANACEF), Francisco Freire e Juan Martín Fragueiro, respectivamente, González Casares sinalou que o acordo establece un descanso biolóxico de 5 meses ao ano (abril-maio e outubro-decembro), pero que o sector atopouse con que se introduciu unha veda de pescada de setembro a novembro, non incluída nas licenzas adquiridas para a flota, o cal supón “un quebranto económico importante”.Ante este feito, demandou á Comisión que actúe ante as autoridades marroquís para que se cumpra o acordo e o seu protocolo de aplicación nos termos acordados. Finalmente, a través dunha nova pregunta parlamentaria, o eurodeputado socialista galego preguntou á Comisión sobre os criterios de reparto das posibilidades de pesca en relación ao acordo con Guinea-Bissau dado que, como sinalou, “causou sorpresa no sector que na parte peláxica outorgáranse posibilidades de pesca flotas de Lituania, Letonia e Polonia” cando a flota que contribuíu na historicidade deste caladoiro foi a española”.

Artículos relacionados