XORNADA DE TRABALLO: Revisión da Directiva de Enerxías Renovables

Xornada Renovables

enero 18, 2022

Participan:

Nicolás González Casares. Eurodiputado. Sº de la UE PSdeG-PSOE

Angel Mato Escalona. Alcalde de Ferrol. Sº Energía e Industria PSdeG-PSOE

A xornada de traballo busca reforzar o diálogo cos principais sectores e actores interesados en renovables en Galicia de cara a Revisión da Directiva Europea de Enerxías Renovables, da cal Nicolás González Casares é ponente do Grupo dos Socialistas e Demócratas. Desde o PSdeG-PSOE, considérase de máxima importancia o sector das renovables polo gran potencial de Galicia no mesmo, tanto como produtora de enerxía renovable, como pola oportunidade industrial, pero tamén pola preocupación existente derivada do gran desplegue de renovables no noso territorio. Polo tanto, convídase a actores do mundo empresarial, institucional e social a participar e transmitir os seus puntos de vista sobre esta directiva.


A xornada desenvolverase nun formato híbrido, contando cunha intervención en remoto por parte de D. Antonio López-Nicolás da Dirección Xeral de Enerxía da Comisión Europea sobre as novidades da proposta de directiva e reunións bilaterais cos interesados en participar para que poidan achegar as súas propostas, polo que é necesario o seu rexistro para establecer a axenda final de traballo.

Como resposta ao novo obxectivo de redución de emisión de gases de efecto invernadoiro do 55 % para 2030 establecido na Lei Europea do Clima, a Comisión Europea presentou o pasado xullo o paquete Fit For 55 dentro do cal propón modificar a Directiva de enerxías renovables para elevar o obxectivo do 32% ao 40 % para 2030. Ademais, establece novas medidas para favorecer a súa penetración e revisa os criterios de sustentabilidade da bioenerxía. A revisión amplía as medidas nos sectores nos que o progreso na integración das enerxías renovables foi máis lento ata a data (como o transporte, os edificios e a industria), propón melloras a integración do sistema enerxético e dá un impulso ao hidróxeno renovable.

A proposta contén, entre outras, as seguintes modificacións:

  • Edificios: un novo punto de referencia do 49% do uso de enerxías renovables en edificios para 2030.
  • Industria: un novo punto de referencia dun aumento anual de 1,1 puntos porcentuais no uso de enerxías renovables na industria. Novo obxectivo do 50% das enerxías renovables no consumo de hidróxeno na industria, incluídos os usos non enerxéticos.
  • Calefacción e refrixeración, o aumento anual indicativo actual de 1,1 puntos porcentuais pasa a ser vinculante para os Estados membros, con obxectivos nacionais indicativos específicos.
  • Transporte: establece un obxectivo de redución da intensidade das emisións do 13% para 2030 (equivalente a un obxectivo baseado en enerxía do 28% coa metodoloxía da REDII). Modifícanse os sub-obxectivos; sub-obxectivo para biocombustibles avanzados del 2,2%, e introdúcese un sub-obxectivo para combustibles renovables de orixe no renovable (con vistas a potenciar o hidróxeno renovable) do 2,6%.
  • Biomasa: amplíanse os criterios de sustentabilidade da biomasa agrícola tamén ao sector forestal. Non se conta como renovable o uso de toda a biomasa procedente de bosques primarios e de alta biodiversidade.

O correo de inscrición e comunicación será nicolas.casares@europarl.europa.eu

Artículos relacionados