Nicolás González imparte a conferencia ‘Paz e democracia’ o 20 de maio en Lalín

May 12, 2022

A aula da UNED Lalín acolle este encontro no marco do 50º aniversario da UNED

Nicolás González Casares, eurodeputado socialista e membro da Comisión de Industria, Investigación e Enerxía do Parlamento Europeo, impartirá a conferencia Paz e democracia o vindeiro venres 20 de maio na aula UNED Lalín.

Coa celebración do Día de Europa presente, no que se conmemora cada 9 de maio a firma da ‘Declaración de Schuman’, o parlamentario falará da necesidade de continuar a defender a “cultura do diálogo” e abordará os retos aos que se enfronta a Unión Europea.

A conferencia, gratuíta e con entrada libre ata completar aforo, terá lugar ás 11:00 horas na aula UNED Lalín. O evento forma parte das actividades deseñadas polo 50º da UNED. As persoas que desexen recibir un certificado de asistencia da UNED poden matricularse na súa páxina web.

Artículos relacionados