González Casares: “As renovables son unha parte fundamental da solución á escalada de prezos”

September 13, 2022

O relator socialista defende “elevar a ambición para que o 45% da enerxía sexa renovable en 2030”

O eurodeputado socialista Nicolás González Casares avogou por “elevar a ambición” para conseguir que en 2030, o 45% da enerxía da Unión Europea sexa de orixe renovable. “As renovables son unha parte fundamental da solución á escalada de prezos”, dixo durante o debate sobre a nova Directiva de Enerxías Renovables.

“Debemos alentar unha mobilización colectiva na sociedade europea para que se vexa envolta de verdade nesta transición enerxética”, dixo no Pleno. Neste sentido, sinalou que se están levando a cabo negociacións para “acelerar os permisos administrativos e mellorar a aceptación social, porque é imprescindible que esta transición ecolóxica e enerxética sexa integradora”.

González Casares, relator dos socialistas europeos para esta directiva, defendeu a necesidade de abordar a bioenerxía, “con medidas para facela máis sostible, axudando ademais na prevención de incendios forestais, unha praga cada vez máis virulenta por culpa do cambio climático”. Ademais, pediu fomentar as tecnoloxías renovables innovadoras como o hidróxeno verde. “Necesitamos un marco estable, predicible, cuns criterios claros para os próximos anos, para lograr que sexa un elemento tractor da transición enerxética”.

Os socialistas defenderon que a Directiva promova só enerxías renovables “fronte aos intentos de promover outros tipos de enerxía”, e novas medidas e obxectivos para os sectores da calefacción e a refrixeración, que supoñen a metade do consumo de enerxía da Unión.

Artículos relacionados

Unha Galicia forte en Europa

Unha Galicia forte en Europa

Besteiro defende que o PSdeG-PSOE desde o Goberno da Xunta vai estar enganchado a Europa e esa relación coas...

A aposta verde é vermella

A aposta verde é vermella

ESTE ARTIGO FOI PUBLICADO EN Praza Pública O 9 DE FEBREIRO. AQUÍ PODES LELO Na Ría do Burgo, na área metropolitana da...

Galicia persigue la primavera

Galicia persigue la primavera

ESTE ARTÍCULO FUE PUBLICADO EN infoLibre El 8 DE FEBRERO. AQUÍ PUEDES LEERLO Cuando Feijóo ordenó a Rueda convocar las...