Os socialistas avogan por elevar os obxectivos de redución de emisións para a Conferencia sobre Cambio Climático de Madrid

December 7, 2019

O eurodeputado socialista Nicolás González Casares asegurou que a Unión Europea aborda a Conferencia sobre Cambio Climático de Madrid cun obxectivo de redución de emisións para 2030 “insuficiente, sen actualizar debido á falta de acordo dos Estados membros, e sen alcanzar o consenso sobre o obxectivo de neutralidade climática para 2050”. “Europa non fixo os deberes”, subliñou.

González Casares, que participará na conferencia como representante do Parlamento Europeo, defendeu que a Eurocámara leve á COP25 “unha posición coherente co Acordo de París”. O eurodeputado socialista urxiu a adoptar medidas xa. “Non nos podemos permitir perder o tempo”, dixo. “Se os europeo queremos liderar a transición ecolóxica debemos pasar das palabras aos feitos aprobando canto antes a lei climática e o Green New Deal, para asegurar unha transición ecolóxica xusta, para que ninguén quede atrás”.

Pola súa banda, o eurodeputado César Luena, membro da Comisión de Medio Ambiente da Eurocámara, urxiu a “tomar decisións con determinación, inmediatas, ambiciosas e concretas”, e por camiñar cara un cambio de modelo “con xustiza”. Para ilo, Luena avogou por medidas como a fiscalización ambiental, que inclúa un criterio de contaminación; un fondo global para a transición xusta; recuperar a financiación de 100 mil millóns de dólares para que os países en vías de desenvolvemento poidan facer reformas e establecer cadeas de subministracións libre de deforestación en Europa. “Debemos aproveitar esta oportunidade. Xa é moi tarde”, concluíu.

Artículos relacionados