Unha delegación do Parlamento Europeo visitará Galicia e Asturias para estudiar iniciativas ligadas á transición enerxética

Decembro 17, 2019

A iniciativa, proposta por Nicolás González Casares, terá lugar en setembro de 2020.

O Parlamento Europeo enviará unha delegación a Galicia e Asturias para coñecer unha serie de proxectos desenvoltos nestas dúas comunidades e relacionados coa transición ecolóxica. Así o acordaron os representantes dos distintos grupos políticos na Comisión de Industria, Investigación e Enerxía (ITRE), que resolveron impulsar esta visita proposta polo eurodeputado socialista galego, Nicolás González Casares. “Dado que a transición xusta cara unha economía neutra é a prioridade centra da nova Comisión Europea, é fundamental que o Parlamente estude sobre o terreo iniciativas que desenvolven as enerxías renovables e que impulsan a descarbonización de procesos industriais intensivos en enerxía”, aseguro González Casares.

“A Unión Europea pretende converterse en 2050 na primeira economía do mundo neutra en carbono”, recorda o eurodeputado. “Iso exixe tomar medidas de calado desde xa, que senten as bases para a transición de todos os sectores cara novos modelos de produción sostibles e libres de emisións, pero acompañado ao conxunto das persoas e rexións afectadas para que ninguén quede atrás. A única posibilidade de lograr esa transición é facela con xustiza, poñendo recursos orzamentarios suficientes para afrontala”, subliñou.

Pola súa parte, o eurodeputado asturiano Jonás Fernández considera que é unha boa noticia que o Parlamento Europeo “coñeza de primeira man a situación do sector industrial e os retos que aborda. Asturias é una rexión europea que leva anos enfrontándose á descarbonización co fin de cumprir cos obxectivos do Acordo de París. Para ilo, precisamos unha transición xusta, que inclúa aos traballadores e á súa comunidade”, precisou.

A visita da delegación da Eurocámara está prevista para o mes de setembro de 2020.

Artículos relacionados