Un amplo acordo para unha Unión Europea con futuro

Esta semana o Parlamento Europea celebrou unha nova sesión plenaria centrada na resposta europea á crise sanitaria e económica provocada polo COVID-19. Aprobamos un novo paquete de medidas consensuadas entre os principais grupos políticos e institucións europeas, unha nova demostración do compromiso de solidariedade e cooperación no que os socialdemócratas tivemos un papel clave.

Quero empezar resaltando o que quizás sexa o punto máis importante: o acordo para a posta en marcha de bonos a nivel europeo, centrados na reconstrución pos crise. Unha medida que de facto supón a emisión de débeda europea, garantida polos orzamentos da UE, que se verán incrementados.

Esta era unha das grandes defensas dos socialistas españois, e entre todos conseguímolo: haberá un plan de recuperación europeo a gran escala financiado con débeda mutualizada. Un acordo alcanzado coas principais forzas europeas (EPP, Renew e Os Verdes) que non sería posible sen o arduo traballo levado a cabo pola compañeira Iratxe García, presidenta do S&D, e que recolle varias das propostas que defendín durante esta crise.

En primeiro lugar, haberá axudas para o sector do marisqueo a pe, unha medida de vital importancia para Galicia, así como para outros puntos de España. Tras un primeiro paquete de axudas aprobado en marzo a todas luces insuficiente para o sector, a miña compañeira Clara Aguilera e eu estivemos traballando na Comisión de Pesca na modificación do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) para que estas traballadoras e traballadores do mar tamén poidan acollerse ao réxime de cese temporal. Unha posibilidade que non estaba prevista na proposta presentada pola comisión e que foi modificada tras a emenda que presentei. Agora si, ninguén se vai quedar á súa sorte.

A maiores, conseguimos introducir unha emenda que permite o transvase de fondos entre as diferentes prioridades do FEMP, de maneira que tamén se poderán reorientar ata un 10% dos fondos destinados a medidas de control e recompilación de datos a outras necesidades derivadas da crise do COVID. Trátase de outra das emendas que defendín durante estes días, e que concede aos Estados Membros maior liberdade para modificar os seus programas e concentrar fondos en aquelas partidas dedicadas a mitigar o golpe económico sufrido polo sector, que viu drasticamente reducida a súa actividade, cando non interrompida, a raíz da caída de demanda e prezos.

Por outra parte, no ámbito da Sanidade, buscamos arroxar luz sobre o impacto do COVID-10 en cada país da Unión Europea para poder actuar con maior eficacia, agora e no futuro. A resolución do Parlamento fai un chamamento aos Estados Membros para realizar procesos sistemáticos de testeo, así como de seroprevalencia estandarizados. Procesos que, tal e como trasladei á Comisaria de Saúde Stella Kyriakides, permitan obter datos comparables a nivel europeo e faciliten a labor dos nosos investigadores, esencial par coñecer o alcance da actual crise e prepararnos para outras que poidan vir.

Ademais, queremos corrixir as deficiencias detectadas na actuación europea ante a crise. Acosouse a Europa de falta de actuación. Pero o certo é que Europa ten competencias moi limitadas en materia de saúde. Por ilo, pedimos dotar á Unión Europea de maiores competencias para poder facer fronte a este tipo de enfermidades que non entenden de fronteiras nin nacionalidades. Novos instrumentos para novos retos para coordinar respostas a nivel europeo.

Enerxía, Industria e Investigación e outra das áreas nas que o protagonismo das miñas compañeiras e compañeiros da Delegación Socialista Española foi vital. Promovemos un chamamento ao reforzo das cadeas de valor industriais dentro da Unión Europea, como parte dunha nova Estratexia Industrial que debe impulsar unha economía máis forte e competitiva. E, dentro dela, debemos reforzar o pilar sanitario, de forma que Europa se dote de capacidades propias para evitar que volvan darse situación de desabastecemento de equipamentos sanitarios ou medicamentos. Porque esta crise evidenciou a necesidade dunha nova reindustrialización, que reintegre a produción de sectores clave tales como medicamentos e material médico, desde a sustentabilidade e cun obxectivo de neutralidade climática para 2050.

Tense criticado moito á Unión Europea e ás súas institución a raíz desta crise. Confeccionar unha resposta para unha poboación de 455 millóns de habitantes repartidos en 27 Estados diferentes non é tarefa fácil. Sen embargo, o traballo conxunto do Parlamento Europeo, a Comisión e o Consello permitiu que, tras a irrupción do virus nas nosas vidas fai mes e medio, se aprobasen xa varios paquetes de medidas y programas para facer fronte tanto á crise sanitaria como á economómica. Queda moito por facer, especialmente para impulsar un ambicioso plan de recuperación que sirva para reactivar unhas economías profundamente danadas por esta crise. Europa é sinónimo de solidariedade e cooperación; quen cremos nela seguiremos traballando para que así sexa.

Artículos relacionados