Os socialistas preguntan á Comisión se adoptará medidas para a asignación de dereitos de emisión ante o impacto da COVID-19 na industria

Abril 29, 2020

Os eurodeputados socialistas Inmaculada Rodríguez-Piñero e Nicolás González Casares pediron á Comisión Europea que teña en conta o impacto na actividade de 2020 nas empresas afectadas pola crise do COVID-19 en relación ao cómputo para a asignación de emisións dos anos 2021 e 2022. A través dunha pregunta escrita, recordan que a asignación gratuíta de dereitos de emisión final para cada exercicio “calcúlase co nivel de actividade media correspondente aos dou anos anteriores”.

González Casares, membro da Comisión de Industria do Parlamento Europeo, e Inmaculada Rodríguez-Piñero, da Comisión de Comercio Internacional, advirten de que o dereito de estado de alarma en España “paralizou e restrinxiu a produción de moitas industrias, co que a caída da actividade será acusada durante 2020”. Ademais, recordan ao Executivo comunitario que “calquera variación de ditos niveis de actividade superiores ao 15% respecto do nivel alcanzado durante o período 2014-2018 leva aparellado un axuste da asignación para a industria afectada”.

Ver pregunta completa AQUÍ.

Artículos relacionados