A Transición Dixital ao galope

Setembro 3, 2020

Acabo de aterrar en Bruxelas. Ensino o meu código QR ao chegar, preceptivo para a miña entrada no país. O Goberno belga xa sabe de min, de onde proveño e onde buscarme se no meu avión ou no meu entorno hai casos de COVID-19. Se me paran pola rúa e o meu código indicaba corentena poderán multarme conforme ás normas establecidas no país. Esta é unha proba de como avanza a dixitalización case diariamente e como os seus avances se van aplicando na nosa vida cotiá.

A dixitalización estaba en marcha xa antes da pandemia, pero sen dúbida o virus acelerouna. Como si se tratara dunha fusta, a covid-19 puxo ao galope e agárdase que, en lugar de calmarse, se desboque aínda máis.

Na maioría dos aspectos da nosa vida vimos novos avances dixitais desde o pasado mes de marzo, cando os confinamentos se empezaron a impoñer ao ancho das zonas temperadas do hemisferio norte. Teletraballamos; comunicámonos coas nosas familias e amizades con ferramentas que nin coñecíamos; compramos online o que nunca se nos imaxinou. A educación pasou a ser a través de medios dixitais que nun futuro non moi distante nos parecerán arcaicos, os nosos teléfonos servíronnos para pedir menú en restaurantes e pagamos coas nosas tarxetas “contactless” cantidades que antes pagabamos cunhas poucas moedas.

Este paso acelerado non se detén e novas tecnoloxías están á volta da esquina. A transición dixital desbócasenos e pode levarnos por diante. Non só no que ás nosas actividades comúns se refire: a nosas empresas e administración en Europa poden verse cada vez máis dependentes do poder de tecnolóxicas establecidas noutros continentes. Fai uns días mantiña unha reunión con Abraham Liu, CEO de Huawei en Europa, e coincidiamos nunha cuestión relevante: pasamos moito tempo falando de 5G e China esquecendo que as grandes potencias tecnolóxicas que teñen gran parte dos nosos datos son norteamericanas. As GAFA (acrónimo de Google, Amazon, Facebook e Apple) saben máis de nós que moitos membros da nosa familia. A pesar desa coincidencia co executivo da tecnolóxica asiática, non podemos obviar que China aspira ao mesmo que eses xigantes americanos con Tik Tok e Alibaba, pero cun control estatal impensable nunha democracia como a de USA.

Antes esta situación de dixitalización acelerada a UE ten que reaccionar, non simplemente mirar cara un lado e o outro, e en consecuencia unha boa parte dos recursos do Plan de Recuperación deben ir destinados a esta fin. Non só hai que avanzar, senón tamén romper e reducir a brecha dixital, que pode deixar atrás a boa parte da nosa sociedade. Debemos fortalecer e apoiar ao noso emprendemento dixital, e para ilo, como vimos nestes meses, a creación de contornos dixitais favorables no noso sistema educativo é un dos puntos fundamentais.

Europa debe actuar unida defendendo o seu mercado único e entendendo que os datos recollidos polas grandes tecnolóxicas tamén forman parte do mesmo; polo tanto, débense establecer de maneira decidida ámbitos de soberanía dixital que vaian máis alá da privacidade persoal. Non se trata dun proteccionismo dixital senón de equilibrar o campo de xogo e manter o control de elementos valiosos. Debe preocuparnos que os nosos datos estean almacenados fisicamente fóra das nosos fronteiras e os riscos que iso supón ante posibles conflitos.

A dixitalización cabalga desbocada. É unha transición vertixinosa que xa está producindo desigualdades na nosas sociedades. Todos os beneficios dixitais veñen acompañados de novos riscos cibernéticos, e incluso debemos poñer barreiras que protexan os nosos sistemas políticas, pero hai que subirse a ela e tomar as rendas.

Artículos relacionados