O PSOE aplaude a aprobación de axudas europeas para a reinserción laboral dos extraballadores de Alu Ibérica

Marzo 22, 2023

O Fondo Europeo de Adaptación á Globalización para Traballadores Despedidos destina máis dun millón de euros aos máis de 300 traballadores da fábrica afincada na Coruña

O pasado mes de novembro, o Goberno de España presentaba unha solicitude ao Fondo Europeo de Adaptación á Globalización para Traballadores Despedidos (FEAG) para facer fronte aos 303 despedimentos derivados do crebe de Alu Ibérica pola perda de competitividade ante o aumento dos prezos da enerxía e as materias primas. A liquidación da fábrica, que se atopaba entre o 0,1 % das empresas galegas con máis de 250 empregados, impacta de forma significativa no mercado laboral e a economía da Coruña. Á perda destes 303 postos de traballo, hai que sumar os 312 das empresas auxiliares, o que equivale ao 8,2 % dos postos de traballo no sector manufactureiro coruñés.

Ante este panorama, a Comisión de Emprego e Asuntos Sociais aprobaba esta mañá a adxudicación de 1.275.000 de euros do FEAG aos extraballadores de Alu Ibérica para impulsar a súa reinserción laboral. Desta forma, o programa, de 1.500.000 euros é financiado nun 85 % por fondos europeos. O plan contempla diversas accións de formación e de mellora de habilidades laborais para que o persoal de Alu Ibérica poida atopar un novo emprego. Hai que ter en conta que o 35 % ten máis de 45 anos, idade do 60 % de solicitantes de emprego rexistrados na Coruña, e que Alu Ibérica queda exenta da obrigación legal de prestar apoio á reorientación dada a súa situación concursal.

“Esta axuda súmase a todas as accións de Transición Xusta que se están levando a cabo na provincia da Coruña ou todo o relativo aos NextGenerationEU. Demóstrase o compromiso da Unión Europea ante os cambios industriais que se están producindo”, engade o eurodeputado galego Nicolás González Casares. Desde o PSOE aplauden a decisión da Comisión de Emprego e Asuntos Sociais e destacan o traballo da UE para responder ás necesidades da cidadanía.

O Fondo Europeo de Adaptación á Globalización para Traballadores Desprazados

O FEAG ten como obxectivo demostrar solidariedade e promover o emprego decente e sostible na Unión Europea, proporcionando apoio aos traballadores despedidos e aos autónomos cuxa actividade cesou en caso de grandes reestruturacións e axudalos a regresar a un emprego de calidade e sostible canto antes.

Para activar o FEAG, o seu Regulamento recolle como criterio necesario o despedimento de polo menos 200 traballadores durante un período de referencia de catro meses nunha empresa dun Estado membro, incluídos traballadores despedidos por provedores e produtores intermedios e/o autónomos cuxa actividade cesase.

Artículos relacionados