A nova lexislatura europea será unha lexislatura chea de desafíos: o Parlamento nacido das eleccións do 9 de xuño marca un aumento de forzas que non cren no proxecto europeo e iso, xunto cun contexto mundial complexo, plantexará maiores dificultades á hora de acadar maiorías para facer avanzar o proxecto comunitario.
Se en toda lexislatura, ser quen de construír maiorías é un valor en sí mesmo, nesta lexislatura o feito de ser influínte nun grande grupo como o Grupo Socialista, o segundo a nivel europeo e presidido por unha socialista española que repite como Iratxe García , será crucial para que Galicia esté presente na axenda comunitaria.
Para acadar logros reais para Galicia hai que ter una visión europeísta, compartir intereses ou buscar aliados para a influencia é algo esencial e tamén no seo da Comisión Europea grazas tamén á coordinación e o traballo do resto de compañeiros e compañeiras da Delegación Socialista Española e do Grupo a nivel europeo.
Non imos facer Galicia se non facemos Europa.
Hai que ter presencia en todos os comités e ademáis de non renegar do grupo ao que pertences, o cal leva a que se perda influencia no propio grupo. En primeiro lugar felicitarnos hoxe pola aprobación da Lei de restauración da Natureza que finalmente tras moitas vicisitudes foi ratificado hoxe polo Consello da UE. No Parlamento Europeo foi apoiada por Socialistas, Liberais, Verdes e unha parte importante do PPE polo que non se entende que tanto desde o PPdeG como desde o BNG non se tivera apoiado esta Lei que vai obrigar a recuperación progresiva de espazos naturais degradados como poden ser as nosas rías ou os nosos ríos. Parafraseando a Teresa Ribera “non vai haber emprego nas rías se eses ecosistemas morren” polo tanto esa obriga de coidar e recuperar será beneficiosa para a nosa xente do mar, por exemplo.
E vou centrarme en algo importante: desde o PSdeG vou defender o Pacto Verde Europeo, porque é a estratexia de crecemento máis acaída para Galicia, con máis beneficios que riscos, con máis oportunidades que amenazas. Ese Pacto Verde para un país coas potencialidades que temos é una aposta de futuro e por una sociedade máis próspera. Deter o Pacto Verde Europeo sería o “Erro do Século” para Europa e tamén para países como o noso.
Tal e como viñemos explicando en campaña, os socialistas galegos temos prioridades claras desde o punto de vista do país no ámbito da enerxía e a industria ,da agricultura e da pesca, as infraestruturas ou o financiamento.
En materia enerxética e industrial , defendémolo xa en campaña, Galicia ten que aproveitar a ventaxa competitiva que a riqueza en renovables nos ofrece para impulsar un novo modelo de crecemento e emprego baseado en enerxía limpa e asequible. Aproveitar ese potencial será crucial para atraer investimentos tanto para a produción de enerxía renovable e o aproveitamento de novos vectores como o hidróxeno verde. Pero tamén para atraer industria ao país que xere emprego de calidade no territorio. Unha industria que queremos que sexa apoiada pola UE pero sempre cumprindo os máximos parámetros de sostibilidade.
Seguiremos a apostar polo desenvolvemento dun Pacto Verde xusto, que siga a crear oportunidades en Galicia, como xa o está a facer en diversos sectores cruciais para o país como a construción de jackets en Ferrol, a automoción e o sector aeronáutico en Vigo, a intelixencia artificial na Coruña, o hidróxeno verde nas Pontes e Cerceda, etcétera, etcétera, da man dos fondos comunitarios de recuperación.
Para os socialistas galegos a clave, e para iso traballaremos, está na creación dun novo fondo para tecnoloxías verdes que catapulte as nosas capacidades nas industrias que marcarán o futuro.
En canto aos sectores primarios, os socialistas galegos marcámonos como obxectivo que a carteira de Pesca volva ser unha carteira independente de Medio Ambiente. O sector necesita ese recoñecemento e un comisario ou comisaria que teña por obxectivo o fortalecemento e o apoio ao sector, tamén neste proceso de transición enerxética e adaptación ao cambio climático. O noso obxectivo prioritario será impulsar unha reforma da política común de pesca na que a dimensión social e económica estea en pé de igualdade coa ambiental. É innegociable.
No tocante á PAC, imos seguir empuxando por unha política común que reforce o papel dos nosos agricultores e gandeiros como garantes da soberanía alimentaria. Imos seguir impulsando a simplificación administrativa, o apoio aos nosos agricultores e gandeiros fronte ao desafío do cambio climático e, no marco do futuro marco financieiro posterior a 2027, unha PAC reforzada tamén na súa dotación económica. Para nós será fundamental tamén incluir cláusulas de salvagarda e cláusulas espello nos futuros acordos con terceiros países, no que atinxe á agricultura, pero tamén á pesca. Non poden ser moeda de cambio.
Un terceiro ámbito de prioridades vén marcado polas infraestruturas de transporte. Os socialistas seremos os garantes da plena integración de Galicia no Corredor Atlántico ferroviario.
No só porque fomos os únicos que votamos a favor do reglamento que o fará posible (fronte a un PP e BNG que votaron en contra), senón porque o compromiso do Goberno socialista é absoluto: a través do Plan Director do Corredor Atlántico de Galicia, o Goberno socialista investirá 4.561 millóns de euros ata 2030 para o seu desenvolvemento, acelerando a 2030 as obras tanto da rede básica como da rede global para mellorar a conectividade e a intermodalidade de Galicia.
Isto permitirá conectar Galicia co resto de Europa a través da Meseta, pero tamén facendo realidade dunha vez a conexión ferroviaria de alta velocidade con Portugal.
Tamén imos reclamar á Comisión Europea que se chegue ao fondo do expediente aberto á prórroga da AP-9 levada a cabo polo Goberno de Aznar e que ten visos de ser declarada ilegal. Estaremos alerta e do lado das necesidades de Galicia. Sen dubida.
Pero para lograr estas prioridades hai un fito que marcará a segunda parte da lexislatura: a negociación do novo presuposto comunitario 2027-2033. E, unha vez máis, os socialistas seremos os garantes dun presuposto suficiente e á altura das circunstancias.
O presuposto vixente supuxo un xiro copernicano grazas ao impulso dos socialistas europeos e do Goberno socialista de España, que logrou a aprobación dos fondos de recuperación e resiliencia financiados con débeda común.
Os socialistas puxaremos por darlle continuidade aos fondos extraordinarios como forma de facer fronte ás necesidades de investimento derivadas das transicións ecolóxica e dixital.
Igualmente, e dentro das prioridades de financiamento, loitaremos para que as políticas de cohesión e desenvolvemento rexional, os fondos para agricultura e desenvolvemento rural e o financiamento das políticas marítimas e pesqueiras, claves para para o desenvolvemento de Galicia, sigan a manter un nivel de financiamento suficiente para seguir impulsando un modelo de crecemento sustentable, xusto e integrador, que contribúa a reducir os desequilibrios da Unión Europea.
Pero isto non só vai de lograr fondos: vai de executalos. Non pode ser que o esforzo en lograr fondos se malogre logo cunha Xunta incapaz de executar os fondos comunitarios, con niveis de pago arredor do 50%. Cidadanía e empresas necesitan que se executen os investimentos previstos para mellorar o benestar social e incrementar o crecemento potencial da nosa economía.
Son algunhas das prioridades con que enfocamos o traballo parlamentario europeo, xunto co recoñecemento da nosa lingua no Parlamento Europeo, para o que pido, unha vez máis, o apoio do PP para facer do galego lingua oficial na Eurocámara. Se eles o desbloquean, podemos logralo.
Pero insisto unha vez máis: os socialistas galegos imos seguir impulsando a axenda galega en todas e cada unha das comisións do Parlamento Europeo, en todas e cada unha das políticas de interese para Galicia a través da nosa influencia no Grupo dos Socialistas e Demócratas no Parlamento Europeo. Galicia precisa peso en Europa e iso é o que imos seguir aportando os socialistas galegos en Europa: traballo, influencia e peso nas decisións comunitarias.
Presencia institucional ,social e empresarial
As institución europeas como fonte de grandes decisión precisan tamén da presenza institucional dos representantes públicos a nivel autonómico e local. Como ata o de agora desde o PSdeG pola presencia regular e continuada do Secretario Xeral e da CENG e por suposto dos alcaldes e representantes institucionais do noso partido.
E non imos esquecer ,porque xa o levamos facendo nestes últimos 5 anos, aínda que con serias dificultades pola pandemia da COVID, que continuaremos levando a voz da sociedade galega a Bruxelas naqueles asuntos que precisen de influencia europea. Neses asuntos incluímos ás empresas de Galicia, a nosa industria vai ter en Bruxelas a uns aliados, xa na pasada lexislatura foron deceas as empresas que atoparon no PSdeG información e influencia na UE e imos perseverar por esa senda