{"id":4677,"date":"2022-09-06T13:00:53","date_gmt":"2022-09-06T11:00:53","guid":{"rendered":"https:\/\/nicogcasares.eu\/?p=4677"},"modified":"2022-09-06T13:04:42","modified_gmt":"2022-09-06T11:04:42","slug":"prezos-da-enerxia-e-accion-politica-socialista-unha-cronoloxia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/nicogcasares.eu\/gl\/prezos-da-enerxia-e-accion-politica-socialista-unha-cronoloxia\/","title":{"rendered":"Prezos da enerx\u00eda e acci\u00f3n pol\u00edtica socialista: unha cronolox\u00eda"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"has-text-align-left has-black-color has-text-color has-medium-font-size\">\u201cA proposta anunciada hoxe pola Comisi\u00f3n Europea para reducir os beneficios extraordinarios das el\u00e9ctricas segue a iniciativa que adoptou Espa\u00f1a o pasado mes de setembro para facer fronte \u00e1 alza de prezos da enerx\u00eda\u201d, afirmaba o eurodeputado socialista <strong>Nicol\u00e1s Gonz\u00e1lez Casares<\/strong> na <a href=\"http:\/\/www.socialistas-parlamentoeuropeo.eu\/gonzalez-casares-espana-marca-el-camino-a-la-comision-para-reducir-los-beneficios-extraordinarios-de-las-electricas-y-hacer-frente-a-la-crisis-de-la-energia\/\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">sesi\u00f3n plenaria<\/a> do Parlamento Europeo del 8 de marzo. <\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-left has-black-color has-text-color has-medium-font-size\">Na s\u00faa intervenci\u00f3n lembraba como o goberno espa\u00f1ol levaba varios meses esixindo medidas a nivel europeo, e aplic\u00e1ndose a nivel estatal, para enfrontar o progresivo aumento dos prezos da enerx\u00eda desde principios do 2021. De feito, o eurodeputado xa lle <a href=\"https:\/\/www.europarl.europa.eu\/doceo\/document\/E-9-2021-003978_EN.html\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">preguntara \u00e1 Comisi\u00f3n Europea<\/a> en agosto do ano pasado se ti\u00f1a prevista algunha medida ou proposta para <strong>reducir os chamados \u2018windfall profits\u2019<\/strong> (beneficios ca\u00eddos de ceo) de certas tecnolox\u00edas de xeraci\u00f3n descarbonizadas. Tras esta pregunta parlamentaria, a preocupaci\u00f3n pola cuesti\u00f3n enerx\u00e9tica volv\u00eda levar aos socialistas para pronunciarse, reiteradamente, sobre ela nos plenos do Parlamento Europeo. As\u00ed, no outono, <a href=\"https:\/\/www.europarl.europa.eu\/doceo\/document\/CRE-9-2021-10-06-INT-3-046-0000_ES.html\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">Gonz\u00e1lez Casares urx\u00eda<\/a> \u201cunha resposta coordinada europea a curto e a medio prazo\u201d, unha aposta firme polas fontes renovables e a revisi\u00f3n das normas de funcionamento dos mercados enerx\u00e9ticos, ademais de valorar as propostas realizadas polos Estados membros, como a creaci\u00f3n dunha plataforma estrat\u00e9xica para a compra de gas apuntada por Espa\u00f1a. \u201cXa non s\u00f3 falamos de garantir que a xente m\u00e1is humilde poida quentar a casa ou facer fronte \u00e1 factura da luz. Falamos de impedir un impacto xeral nas nosas econom\u00edas que po\u00f1a en risco a recuperaci\u00f3n econ\u00f3mica e a transici\u00f3n enerx\u00e9tica\u201d, incid\u00eda.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-left has-black-color has-text-color has-medium-font-size\">Cos <strong>prezos do gas natural disparados<\/strong> e unha dependencia enerx\u00e9tica exterior do 61%, a m\u00e1is alta en tres d\u00e9cadas, na s\u00faa intervenci\u00f3n no <a href=\"https:\/\/www.europarl.europa.eu\/doceo\/document\/CRE-9-2021-11-24-INT-3-200-0000_ES.html\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">debate sobre o Estado da Uni\u00f3n da Enerx\u00eda<\/a>, en novembro, o europarlamentario socialista cr\u00eda que \u201cse est\u00e1 subestimando a crise dos prezos e o impacto que ter\u00eda unha prolongaci\u00f3n desta durante meses\u201d. E non se equivocaba. Apenas tres meses despois a invasi\u00f3n rusa de Ucra\u00edna far\u00eda saltar polo aire toda previsi\u00f3n sobre os prezos da enerx\u00eda.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-left has-black-color has-text-color has-medium-font-size\">Sendo o 40% do gas que abastece \u00e1 Uni\u00f3n Europea de procedencia rusa, os primeiros movementos da UE non se fixeron esperar tras a explosi\u00f3n da guerra. \u201cAfastarse dos combustibles f\u00f3siles e <strong>fomentar as renovables<\/strong> xa non \u00e9 s\u00f3 un deber moral para combater o cambio clim\u00e1tico, \u00e9 a necesidade prioritaria para garantir a nosa seguridade e modelo de sociedade\u201d, escrib\u00eda neses d\u00edas Casares en <a href=\"https:\/\/www.lavozdegalicia.es\/noticia\/opinion\/2022\/03\/11\/europa-ante-guerra-energetica\/0003_202203G11P20991.htm\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">La Voz de Galicia<\/a>. <\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-left has-black-color has-text-color has-medium-font-size\"><strong>Europa decid\u00eda seguir o ronsel marcado polo goberno espa\u00f1ol e<\/strong> <a href=\"https:\/\/www.europarl.europa.eu\/doceo\/document\/CRE-9-2022-03-08-INT-2-307-0000_ES.html\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">reducir as ganancias extraordinarias das el\u00e9ctricas<\/a> para rebaixar as cont\u00edas das facturas. Ademais, adopt\u00e1base a compra conxunta de gas y asent\u00e1banse as bases do <a href=\"https:\/\/ec.europa.eu\/commission\/presscorner\/detail\/es\/IP_22_3131\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">Plan REPowerEU<\/a> co que se busca reducir a dependencia dos combustibles f\u00f3siles rusos e avanzar con rapidez na transici\u00f3n ecol\u00f3xica. Este plan contempla, entre outras medidas, diminu\u00edr o consumo de enerx\u00eda nun 13% para 2030, acelerar a concesi\u00f3n de permisos para o desenvolvemento de renovables, impulsar a electrificaci\u00f3n do transporte ou mellorar a eficiencia enerx\u00e9tica de empresas e vivendas. \u201cEst\u00edmase que en Espa\u00f1a se poidan crear medio mill\u00f3n de empregos co impulso da enerx\u00eda solar e e\u00f3lica, \u00e9 unha grande oportunidade industrial\u201d, explicaba o socialista Nicol\u00e1s Gonz\u00e1lez nunha <a href=\"https:\/\/www.youtube.com\/watch?v=aeCcwkLdO6w\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">entrevista<\/a> na Televisi\u00f3n de Galicia. <\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-left has-black-color has-text-color has-medium-font-size\">A demanda do desacople do prezo do gas do da electricidade traslad\u00e1base unha e outra vez polos socialistas espa\u00f1ois no Parlamento Europeo nese intenso marzo. \u201cPensemos nos cidad\u00e1ns, en que lles afecte o menos posible ao peto a crise que imos vivir por culpa desta guerra. Pod\u00e9molo facer conxuntamente. Agora \u00e9 o momento. Se non, manteremos estes debates eternos aqu\u00ed sobre a mesma situaci\u00f3n e co mesmo problema, pero cada vez m\u00e1is agudizado. Creo que \u00e9 a nosa responsabilidade baixar a ver o que est\u00e1 a pasar na cidadan\u00eda e tomar medidas acordes coa situaci\u00f3n actual, sobre a que tam\u00e9n, iso si, debemos facer pedagox\u00eda. Estamos nunha situaci\u00f3n de guerra e temos que ser valentes e firmes nas decisi\u00f3ns\u201d, <a href=\"https:\/\/www.europarl.europa.eu\/doceo\/document\/CRE-9-2022-03-24-INT-2-032-0000_ES.html\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">defend\u00eda Casares<\/a> no estrado europeo. <\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-left has-black-color has-text-color has-medium-font-size\">A finais de abril e despois dun arduo traballo, <strong>o goberno espa\u00f1ol e luso logran un <a href=\"https:\/\/www.publico.es\/economia\/espana-portugal-logran-acuerdo-bruselas-desacoplar-precio-gas-factura-luz.html\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">acordo coa Comisi\u00f3n Europea para desacoplar o prezo do gas<\/a> da factura el\u00e9ctrica<\/strong> e frear o galope do prezo da luz. Ao tempo, Espa\u00f1a pon encima da mesa a denominada \u201cexcepci\u00f3n ib\u00e9rica\u201d, que se aprobar\u00eda en xu\u00f1o, tam\u00e9n para Portugal, e permitir\u00eda limitar o prezo do gas natural no mercado almacenista para paliar o impacto do aumento de prezos. Unha medida que, a priori, estar\u00e1 activa ata o 31 de maio de 2023.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-left has-black-color has-text-color has-medium-font-size\">Nesta li\u00f1a, este ver\u00e1n a Comisi\u00f3n contemplou tam\u00e9n a <strong>\u201cexcepci\u00f3n ib\u00e9rica\u201d <\/strong><a href=\"https:\/\/elpais.com\/economia\/2022-07-20\/el-plan-de-ahorro-energetico-de-bruselas-contempla-la-excepcion-iberica.html\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">ao baixar do 15% ao 10% a reduci\u00f3n exixida de consumo de gas ata primavera<\/a> para aqueles pa\u00edses que demostren que \u201cnon poden contribu\u00edr substancialmente\u201d a aumentar a subministraci\u00f3n doutros estados por falta de interconexi\u00f3ns enerx\u00e9ticas. \u00c9 o caso de Espa\u00f1a e Portugal ao ser inferior do 3% a conectividade el\u00e9ctrica da Pen\u00ednsula Ib\u00e9rica co mercado europeo. Con todo, deber\u00e1n deixar patente que utilizan completamente as s\u00faas infraestruturas para redirixir gas a outros Estados membro. Con esta medida, <strong>a Comisi\u00f3n Europea busca encher o 80% do almacenamento subterr\u00e1neo de gas da UE antes do 1 de novembro<\/strong>. \u201cOs consumidores espa\u00f1ois pagaron durante anos a s\u00faa sobrecapacidade. Iso est\u00e1 a permitir xa ser solidarios co resto de Europa. Era l\u00f3xico atopar unha v\u00eda que permitise \u00e1 Pen\u00ednsula Ib\u00e9rica axudar e ao mesmo tempo usar todas as s\u00faas capacidades e esixir menos reduci\u00f3n de consumo. Con todo, este paso que deu a Comisi\u00f3n a\u00ednda non \u00e9 suficiente para as necesidades de Espa\u00f1a\u201d, engadiu Nicol\u00e1s Gonz\u00e1lez Casares. Respecto \u00e1 escaseza das interconexi\u00f3ns el\u00e9ctricas na Pen\u00ednsula Ib\u00e9rica e ante o impulso da <a href=\"https:\/\/www.lavozdegalicia.es\/noticia\/opinion\/2022\/08\/25\/gasoducto-midcat-sera-verde-sera\/0003_202208G25P12992.htm\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">construci\u00f3n do MidCat<\/a>, un novo gasoduto que unir\u00eda Espa\u00f1a e Francia a trav\u00e9s de Catalu\u00f1a, o eurodeputado destacou a necesidade de que este sexa compatible co transporte de hidr\u00f3xeno verde.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-left has-black-color has-text-color has-medium-font-size\">Os socialistas deixan claro o seu <strong>compromiso coas enerx\u00edas renovables como a f\u00f3rmula que garanta unha enerx\u00eda limpa e unha maior independencia enerx\u00e9tica<\/strong>. As\u00ed o destacaba recentemente Casares nunha <a href=\"https:\/\/www.youtube.com\/watch?v=o94yZ7jCqPY\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">entrevista en France 24<\/a>: \u201cHai que acelerar o proceso de instalaci\u00f3n de m\u00e1is fontes de enerx\u00eda renovable, hai que facer un despregamento r\u00e1pido, ser ambiciosos e levalo a cabo dunha maneira acelerada, pero \u00e1 vez respectuosa co medio ambiente, co territorio e coas persoas que viven nese territorio\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-left has-black-color has-text-color has-medium-font-size\">Conscientes das limitaci\u00f3ns do mercado el\u00e9ctrico para facer fronte a <a href=\"https:\/\/www.europarl.europa.eu\/doceo\/document\/CRE-9-2022-05-03-INT-2-161-0000_ES.html\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">situaci\u00f3ns de emerxencia<\/a>, e en cordinaci\u00f3n co destacado papel do Goberno de Espa\u00f1a que demostrou un claro liderado, os eurodeputados socialistas traslad\u00e1ronlle \u00e1 Comisi\u00f3n Europea en diversas ocasi\u00f3ns a necesidade de \u201ccambiar e reformar as regras do mercado enerx\u00e9tico\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-left has-black-color has-text-color has-medium-font-size\"> <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>\u201cA proposta anunciada hoxe pola Comisi\u00f3n Europea para reducir os beneficios extraordinarios das el\u00e9ctricas segue a iniciativa que adoptou Espa\u00f1a o pasado mes de setembro para facer fronte \u00e1 alza de prezos da enerx\u00eda\u201d, afirmaba o eurodeputado socialista Nicol\u00e1s Gonz\u00e1lez Casares na sesi\u00f3n plenaria do Parlamento Europeo del 8 de marzo<\/p>\n","protected":false},"author":4,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":true,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,34,27,29,31,20,32],"tags":[427,375,357],"yoast_head":"<!-- This site is optimized with the Yoast SEO plugin v22.3 - https:\/\/yoast.com\/wordpress\/plugins\/seo\/ -->\n<title>Prezos da enerx\u00eda e acci\u00f3n pol\u00edtica socialista: unha cronolox\u00eda - Nico G. Casares %<\/title>\n<meta name=\"description\" content=\"Prezos da enerx\u00eda e acci\u00f3n pol\u00edtica socialista: unha cronolox\u00eda\" \/>\n<meta name=\"robots\" content=\"index, follow, max-snippet:-1, max-image-preview:large, max-video-preview:-1\" \/>\n<link rel=\"canonical\" href=\"https:\/\/nicogcasares.eu\/gl\/prezos-da-enerxia-e-accion-politica-socialista-unha-cronoloxia\/\" \/>\n<meta property=\"og:locale\" content=\"gl_ES\" \/>\n<meta property=\"og:type\" content=\"article\" \/>\n<meta property=\"og:title\" content=\"Prezos da enerx\u00eda e acci\u00f3n pol\u00edtica socialista: unha cronolox\u00eda\" \/>\n<meta property=\"og:description\" content=\"\u201cA proposta anunciada hoxe pola Comisi\u00f3n Europea para reducir os beneficios extraordinarios das el\u00e9ctricas segue a iniciativa que adoptou Espa\u00f1a o pasado mes de setembro para facer fronte \u00e1 alza de prezos da enerx\u00eda\u201d, afirmaba o eurodeputado socialista Nicol\u00e1s Gonz\u00e1lez Casares na sesi\u00f3n plenaria do Parlamento Europeo del 8 de marzo\" \/>\n<meta property=\"og:url\" content=\"https:\/\/nicogcasares.eu\/gl\/prezos-da-enerxia-e-accion-politica-socialista-unha-cronoloxia\/\" \/>\n<meta property=\"og:site_name\" content=\"Nico G. Casares\" \/>\n<meta property=\"article:published_time\" content=\"2022-09-06T11:00:53+00:00\" \/>\n<meta property=\"article:modified_time\" content=\"2022-09-06T11:04:42+00:00\" \/>\n<meta property=\"og:image\" content=\"https:\/\/nicogcasares.eu\/wp-content\/uploads\/2022\/04\/Nicolas-G.-Casares-1.jpg\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:width\" content=\"1600\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:height\" content=\"1066\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:type\" content=\"image\/jpeg\" \/>\n<meta name=\"author\" content=\"Nicol\u00e1s Gonz\u00e1lez Casares\" \/>\n<meta name=\"twitter:card\" content=\"summary_large_image\" \/>\n<meta name=\"twitter:title\" content=\"Prezos da enerx\u00eda e acci\u00f3n pol\u00edtica socialista: unha cronolox\u00eda\" \/>\n<meta name=\"twitter:description\" content=\"\u201cA proposta anunciada hoxe pola Comisi\u00f3n Europea para reducir os beneficios extraordinarios das el\u00e9ctricas segue a iniciativa que adoptou Espa\u00f1a o pasado mes de setembro para facer fronte \u00e1 alza de prezos da enerx\u00eda\u201d, afirmaba o eurodeputado socialista Nicol\u00e1s Gonz\u00e1lez Casares na sesi\u00f3n plenaria do Parlamento Europeo del 8 de marzo\" \/>\n<meta name=\"twitter:image\" content=\"https:\/\/nicogcasares.eu\/wp-content\/uploads\/2022\/04\/Nicolas-G.-Casares-1.jpg\" \/>\n<meta name=\"twitter:creator\" content=\"@nicogoncas\" \/>\n<meta name=\"twitter:site\" content=\"@nicogoncas\" \/>\n<meta name=\"twitter:label1\" content=\"Escrito por\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data1\" content=\"Nicol\u00e1s Gonz\u00e1lez Casares\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:label2\" content=\"Tempo de lectura\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data2\" content=\"5 minutos\" \/>\n<script type=\"application\/ld+json\" class=\"yoast-schema-graph\">{\"@context\":\"https:\/\/schema.org\",\"@graph\":[{\"@type\":\"Article\",\"@id\":\"https:\/\/nicogcasares.eu\/gl\/prezos-da-enerxia-e-accion-politica-socialista-unha-cronoloxia\/#article\",\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\/\/nicogcasares.eu\/gl\/prezos-da-enerxia-e-accion-politica-socialista-unha-cronoloxia\/\"},\"author\":{\"name\":\"Nicol\u00e1s Gonz\u00e1lez Casares\",\"@id\":\"https:\/\/nicogcasares.eu\/gl\/#\/schema\/person\/75361477143e596646d48598a3778163\"},\"headline\":\"Prezos da enerx\u00eda e acci\u00f3n pol\u00edtica socialista: unha cronolox\u00eda\",\"datePublished\":\"2022-09-06T11:00:53+00:00\",\"dateModified\":\"2022-09-06T11:04:42+00:00\",\"mainEntityOfPage\":{\"@id\":\"https:\/\/nicogcasares.eu\/gl\/prezos-da-enerxia-e-accion-politica-socialista-unha-cronoloxia\/\"},\"wordCount\":1223,\"publisher\":{\"@id\":\"https:\/\/nicogcasares.eu\/gl\/#\/schema\/person\/75361477143e596646d48598a3778163\"},\"keywords\":[\"electricidade\",\"gas\",\"Nicol\u00e1s Gonz\u00e1lez Casares\"],\"articleSection\":[\"Actividad\",\"Actividade\",\"Energ\u00eda\",\"Enerx\u00eda\",\"Medio ambiente\",\"Noticias\",\"Novas\"],\"inLanguage\":\"gl-ES\"},{\"@type\":\"WebPage\",\"@id\":\"https:\/\/nicogcasares.eu\/gl\/prezos-da-enerxia-e-accion-politica-socialista-unha-cronoloxia\/\",\"url\":\"https:\/\/nicogcasares.eu\/gl\/prezos-da-enerxia-e-accion-politica-socialista-unha-cronoloxia\/\",\"name\":\"Prezos da enerx\u00eda e acci\u00f3n pol\u00edtica socialista: unha cronolox\u00eda - Nico G. Casares %\",\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\/\/nicogcasares.eu\/gl\/#website\"},\"datePublished\":\"2022-09-06T11:00:53+00:00\",\"dateModified\":\"2022-09-06T11:04:42+00:00\",\"description\":\"Prezos da enerx\u00eda e acci\u00f3n pol\u00edtica socialista: unha cronolox\u00eda\",\"breadcrumb\":{\"@id\":\"https:\/\/nicogcasares.eu\/gl\/prezos-da-enerxia-e-accion-politica-socialista-unha-cronoloxia\/#breadcrumb\"},\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"ReadAction\",\"target\":[\"https:\/\/nicogcasares.eu\/gl\/prezos-da-enerxia-e-accion-politica-socialista-unha-cronoloxia\/\"]}]},{\"@type\":\"BreadcrumbList\",\"@id\":\"https:\/\/nicogcasares.eu\/gl\/prezos-da-enerxia-e-accion-politica-socialista-unha-cronoloxia\/#breadcrumb\",\"itemListElement\":[{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":1,\"name\":\"Portada\",\"item\":\"https:\/\/nicogcasares.eu\/gl\/\"},{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":2,\"name\":\"Prezos da enerx\u00eda e acci\u00f3n pol\u00edtica socialista: unha cronolox\u00eda\"}]},{\"@type\":\"WebSite\",\"@id\":\"https:\/\/nicogcasares.eu\/gl\/#website\",\"url\":\"https:\/\/nicogcasares.eu\/gl\/\",\"name\":\"Nico G. Casares\",\"description\":\"Diputado socialista en el parlamento europeo\",\"publisher\":{\"@id\":\"https:\/\/nicogcasares.eu\/gl\/#\/schema\/person\/75361477143e596646d48598a3778163\"},\"potentialAction\":[{\"@type\":\"SearchAction\",\"target\":{\"@type\":\"EntryPoint\",\"urlTemplate\":\"https:\/\/nicogcasares.eu\/gl\/?s={search_term_string}\"},\"query-input\":\"required name=search_term_string\"}],\"inLanguage\":\"gl-ES\"},{\"@type\":[\"Person\",\"Organization\"],\"@id\":\"https:\/\/nicogcasares.eu\/gl\/#\/schema\/person\/75361477143e596646d48598a3778163\",\"name\":\"Nicol\u00e1s Gonz\u00e1lez Casares\",\"image\":{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"@id\":\"https:\/\/nicogcasares.eu\/gl\/#\/schema\/person\/image\/\",\"url\":\"https:\/\/nicogcasares.eu\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/20211006_EP-119139A_FMA_0895_RESIZED_S.jpg\",\"contentUrl\":\"https:\/\/nicogcasares.eu\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/20211006_EP-119139A_FMA_0895_RESIZED_S.jpg\",\"width\":639,\"height\":426,\"caption\":\"Nicol\u00e1s Gonz\u00e1lez Casares\"},\"logo\":{\"@id\":\"https:\/\/nicogcasares.eu\/gl\/#\/schema\/person\/image\/\"},\"url\":\"https:\/\/nicogcasares.eu\/gl\/author\/nico\/\"}]}<\/script>\n<!-- \/ Yoast SEO plugin. -->","yoast_head_json":{"title":"Prezos da enerx\u00eda e acci\u00f3n pol\u00edtica socialista: unha cronolox\u00eda - Nico G. Casares %","description":"Prezos da enerx\u00eda e acci\u00f3n pol\u00edtica socialista: unha cronolox\u00eda","robots":{"index":"index","follow":"follow","max-snippet":"max-snippet:-1","max-image-preview":"max-image-preview:large","max-video-preview":"max-video-preview:-1"},"canonical":"https:\/\/nicogcasares.eu\/gl\/prezos-da-enerxia-e-accion-politica-socialista-unha-cronoloxia\/","og_locale":"gl_ES","og_type":"article","og_title":"Prezos da enerx\u00eda e acci\u00f3n pol\u00edtica socialista: unha cronolox\u00eda","og_description":"\u201cA proposta anunciada hoxe pola Comisi\u00f3n Europea para reducir os beneficios extraordinarios das el\u00e9ctricas segue a iniciativa que adoptou Espa\u00f1a o pasado mes de setembro para facer fronte \u00e1 alza de prezos da enerx\u00eda\u201d, afirmaba o eurodeputado socialista Nicol\u00e1s Gonz\u00e1lez Casares na sesi\u00f3n plenaria do Parlamento Europeo del 8 de marzo","og_url":"https:\/\/nicogcasares.eu\/gl\/prezos-da-enerxia-e-accion-politica-socialista-unha-cronoloxia\/","og_site_name":"Nico G. Casares","article_published_time":"2022-09-06T11:00:53+00:00","article_modified_time":"2022-09-06T11:04:42+00:00","og_image":[{"width":1600,"height":1066,"url":"https:\/\/nicogcasares.eu\/wp-content\/uploads\/2022\/04\/Nicolas-G.-Casares-1.jpg","type":"image\/jpeg"}],"author":"Nicol\u00e1s Gonz\u00e1lez Casares","twitter_card":"summary_large_image","twitter_title":"Prezos da enerx\u00eda e acci\u00f3n pol\u00edtica socialista: unha cronolox\u00eda","twitter_description":"\u201cA proposta anunciada hoxe pola Comisi\u00f3n Europea para reducir os beneficios extraordinarios das el\u00e9ctricas segue a iniciativa que adoptou Espa\u00f1a o pasado mes de setembro para facer fronte \u00e1 alza de prezos da enerx\u00eda\u201d, afirmaba o eurodeputado socialista Nicol\u00e1s Gonz\u00e1lez Casares na sesi\u00f3n plenaria do Parlamento Europeo del 8 de marzo","twitter_image":"https:\/\/nicogcasares.eu\/wp-content\/uploads\/2022\/04\/Nicolas-G.-Casares-1.jpg","twitter_creator":"@nicogoncas","twitter_site":"@nicogoncas","twitter_misc":{"Escrito por":"Nicol\u00e1s Gonz\u00e1lez Casares","Tempo de lectura":"5 minutos"},"schema":{"@context":"https:\/\/schema.org","@graph":[{"@type":"Article","@id":"https:\/\/nicogcasares.eu\/gl\/prezos-da-enerxia-e-accion-politica-socialista-unha-cronoloxia\/#article","isPartOf":{"@id":"https:\/\/nicogcasares.eu\/gl\/prezos-da-enerxia-e-accion-politica-socialista-unha-cronoloxia\/"},"author":{"name":"Nicol\u00e1s Gonz\u00e1lez Casares","@id":"https:\/\/nicogcasares.eu\/gl\/#\/schema\/person\/75361477143e596646d48598a3778163"},"headline":"Prezos da enerx\u00eda e acci\u00f3n pol\u00edtica socialista: unha cronolox\u00eda","datePublished":"2022-09-06T11:00:53+00:00","dateModified":"2022-09-06T11:04:42+00:00","mainEntityOfPage":{"@id":"https:\/\/nicogcasares.eu\/gl\/prezos-da-enerxia-e-accion-politica-socialista-unha-cronoloxia\/"},"wordCount":1223,"publisher":{"@id":"https:\/\/nicogcasares.eu\/gl\/#\/schema\/person\/75361477143e596646d48598a3778163"},"keywords":["electricidade","gas","Nicol\u00e1s Gonz\u00e1lez Casares"],"articleSection":["Actividad","Actividade","Energ\u00eda","Enerx\u00eda","Medio ambiente","Noticias","Novas"],"inLanguage":"gl-ES"},{"@type":"WebPage","@id":"https:\/\/nicogcasares.eu\/gl\/prezos-da-enerxia-e-accion-politica-socialista-unha-cronoloxia\/","url":"https:\/\/nicogcasares.eu\/gl\/prezos-da-enerxia-e-accion-politica-socialista-unha-cronoloxia\/","name":"Prezos da enerx\u00eda e acci\u00f3n pol\u00edtica socialista: unha cronolox\u00eda - Nico G. Casares %","isPartOf":{"@id":"https:\/\/nicogcasares.eu\/gl\/#website"},"datePublished":"2022-09-06T11:00:53+00:00","dateModified":"2022-09-06T11:04:42+00:00","description":"Prezos da enerx\u00eda e acci\u00f3n pol\u00edtica socialista: unha cronolox\u00eda","breadcrumb":{"@id":"https:\/\/nicogcasares.eu\/gl\/prezos-da-enerxia-e-accion-politica-socialista-unha-cronoloxia\/#breadcrumb"},"inLanguage":"gl-ES","potentialAction":[{"@type":"ReadAction","target":["https:\/\/nicogcasares.eu\/gl\/prezos-da-enerxia-e-accion-politica-socialista-unha-cronoloxia\/"]}]},{"@type":"BreadcrumbList","@id":"https:\/\/nicogcasares.eu\/gl\/prezos-da-enerxia-e-accion-politica-socialista-unha-cronoloxia\/#breadcrumb","itemListElement":[{"@type":"ListItem","position":1,"name":"Portada","item":"https:\/\/nicogcasares.eu\/gl\/"},{"@type":"ListItem","position":2,"name":"Prezos da enerx\u00eda e acci\u00f3n pol\u00edtica socialista: unha cronolox\u00eda"}]},{"@type":"WebSite","@id":"https:\/\/nicogcasares.eu\/gl\/#website","url":"https:\/\/nicogcasares.eu\/gl\/","name":"Nico G. Casares","description":"Diputado socialista en el parlamento europeo","publisher":{"@id":"https:\/\/nicogcasares.eu\/gl\/#\/schema\/person\/75361477143e596646d48598a3778163"},"potentialAction":[{"@type":"SearchAction","target":{"@type":"EntryPoint","urlTemplate":"https:\/\/nicogcasares.eu\/gl\/?s={search_term_string}"},"query-input":"required name=search_term_string"}],"inLanguage":"gl-ES"},{"@type":["Person","Organization"],"@id":"https:\/\/nicogcasares.eu\/gl\/#\/schema\/person\/75361477143e596646d48598a3778163","name":"Nicol\u00e1s Gonz\u00e1lez Casares","image":{"@type":"ImageObject","inLanguage":"gl-ES","@id":"https:\/\/nicogcasares.eu\/gl\/#\/schema\/person\/image\/","url":"https:\/\/nicogcasares.eu\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/20211006_EP-119139A_FMA_0895_RESIZED_S.jpg","contentUrl":"https:\/\/nicogcasares.eu\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/20211006_EP-119139A_FMA_0895_RESIZED_S.jpg","width":639,"height":426,"caption":"Nicol\u00e1s Gonz\u00e1lez Casares"},"logo":{"@id":"https:\/\/nicogcasares.eu\/gl\/#\/schema\/person\/image\/"},"url":"https:\/\/nicogcasares.eu\/gl\/author\/nico\/"}]}},"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/nicogcasares.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4677"}],"collection":[{"href":"https:\/\/nicogcasares.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/nicogcasares.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/nicogcasares.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/4"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/nicogcasares.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4677"}],"version-history":[{"count":6,"href":"https:\/\/nicogcasares.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4677\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":4683,"href":"https:\/\/nicogcasares.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4677\/revisions\/4683"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/nicogcasares.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4677"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/nicogcasares.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4677"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/nicogcasares.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4677"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}