González Casares pregunta á Comisión polo bloqueo dun porto irlandés, onde mariñeiros locais impediron o desembarco dun pesqueiro español

April 22, 2020

O eurodeputado socialista Nicolás González Casares pediu á Comisión Europea medidas para garantir que a flota pesqueira poida descargar os seus produtos en portos europeos. Nunha pregunta escrita dirixida ao executivo comunitario, González Casares manifesta a súa preocupación por estes incidentes, como o ocorrido onte na localidade irlandesa de Dingle, cando un grupo de “mariñeiros locais impediron a un pesqueiro español descargar as súas capturas e bloquearon o porto para impedir que un camión de matrícula española puidera recoller o peixe”, segundo informacións recollidas pola prensa. O barco de arrastre, segundo o texto, “cumpría coas exixencias das autoridades irlandesas para a prevención da COVID-19”.

González Casares asegura que, segundo a prensa, “este tipo de protestas repetíronse nas últimas semanas, sumándose ás dificultades extremas ás que se está a enfrontar a nosa flota”.

Por iso, pregunta á Comisión se ten constancia de situacións semellantes nos portos de descarga da flota comunitaria, e “que medidas está tomando ou vai tomar para garantir a descarga deste produto de primeira necesidade e garantir o subministro alimentario da poboación”.

Artículos relacionados

Unha Galicia forte en Europa

Unha Galicia forte en Europa

Besteiro defende que o PSdeG-PSOE desde o Goberno da Xunta vai estar enganchado a Europa e esa relación coas...