Asistente
Licenciado en Ciencias da Comunicación pola Universidade de Santiago de Compostela. Exerceu como xornalista en prensa escrita antes de dar o paso á comunicación política e institucional, primeiro no PSdeG-PSOE (2005) e, posteriormente, na Xunta de Galicia (2005-2009), o PSOE (2009-2011) e a Portavocía do Goberno de España (2011). Pechada esta etapa, comezou a exercer como asesor no Grupo Parlamentario Socialista no Congreso dos Deputados ata que en 2014 se uniu ao grupo de asesores parlamentarios da Delegación Socialista Española no Parlamento Europeo, traballando desde entón na Comisión de Industria, Investigación e Enerxía e, desde 2019, tamén na Comisión de Pesca.
Asistente
Enxeñeiro Industrial. Máster en Enerxía e Sustentabilidade pola Universidade de Vigo e Doutor pola Universidade Pontificia de Comillas (ICAI) cunha tese na que analizou o mercado europeo de comercio de emisións de CO2. Traballou como analista de investigación en Economics for Energy, con estadías no Instituto de Investigación Tecnolóxica (IIT) de Comillas, centrándose a súa actividade no análise e validación de datos e no apoio sobre descrición e valoración de tecnoloxías enerxético-ambientais. Ha trabajado como analista de investigación en Economics for Energy, con estancias en el Instituto de Investigación Tecnológica (IIT) de Comillas, centrándose su actividad en el análisis y validación de datos y en el apoyo sobre descripción y valoración de tecnologías energético-ambientales.
Asistente
Graduada en Farmacia e Bioquímica, máster en Farmacoloxía e doutora en Tecnoloxía Farmacéutica. Durante 8 anos traballou como docente e investigadora na Universidade do País Vasco (UPV/EHU), deseñando, desenvolvendo, caracterizando e avaliando novas formulacións farmacéuticas para unha ampla gama de aplicacións médicas. Tras unha breve experiencia en I+D na industria farmacéutica, participou no programa Blue Book da Comisión Europea, onde puido involucrarse persoalmente no desenvolvemento de políticas sanitarias e na xestión de proxectos europeos. Desde 2021, traballa como asistente parlamentaria especialista en políticas sanitarias.