González Casares reclama acción á Comisión Europea ante a subida crítica de combustibles para a pesca

O prezo do combustible é un elemento crítico para a actividade pesqueira: a frota europea consome uns 2 millóns de litros de combustible, que pode chegar a representar ata un 40% dos custos totais nalgún segmento.

O sector pesqueiro está a sufrir directamente o impacto da crise dos prezos da enerxía. Mentres que hai un ano o prezo do barril de petróleo roldaba os 60 dólares, en xaneiro subira a 85 (un 63% máis) e, tras o ataque de Rusia a Ucraína, disparouse por encima dos 110. Algunhas frotas, como a española, anunciaron a súa intención de interromper a súa actividade debido ao forte aumento do prezo do gasóleo.

Os recursos pesqueiros son fundamentais para a seguridade alimentaria. Do mesmo xeito que outros sectores, moitas cadeas de subministración de recursos pesqueiros e acuícolas dependen en gran medida dos combustibles fósiles. O aumento e a volatilidade dos prezos da enerxía poden, por tanto, socavar a seguridade alimentaria nalgúns ámbitos.

Ante este panorama, o eurodeputado Nicolás González Casares preguntou á Comisión Europea polas medidas de axuda que vai poñer en marcha ou favorecer para paliar o impacto do encarecemento dos combustibles sobre a frota pesqueira comunitaria.

Artículos relacionados

Unha Galicia forte en Europa

Unha Galicia forte en Europa

Besteiro defende que o PSdeG-PSOE desde o Goberno da Xunta vai estar enganchado a Europa e esa relación coas...