O eurodeputado socialista galego, Nicolás González Casares, sinalou á formación socialistas como "a esquerda que ten que liderar o cambio" e asegurou que "iso o saben os galegos". Preguntado respecto diso no XV Congreso do PSdeG, González destacou que tanto o relatorio como as posicións políticas da formación "van convencer á cidadanía".
Nesta fin de semana reelixiuse a Besteiro como Secretario Xeral e unha nova Executiva: "O socialismo galego ten que actuar con decisión para ser a alternativa de cambio en Galicia. Porque sen nós non vai suceder". Ese é o reto que implica #aesquerdaquepode
O eurodiputado galego atópase moi agradecido de continuar nunha Executiva moi renovada e rexuvenecida. seguirá de S.º da Unión Europea como ata agora. Considera "unha alegría e un acerto que Lara Mendez colla a S.ª de Organización, como indicou en declaracións a Europa Press: Lara ten intelixencia e unha gran habilidade política. Ademais, o eurodiputado galego desfrutou dun Congreso onde a música popular e unha interpretación animada do himno galego animaron á militancia. O PSdeG- PSOE terá un maior éxito na medida que saiba reinvindicar a súa “G”, relata.
Ademais, destacou o papel de tódolos compañeiros e compañeiras que tomaron parte na ponencia. Agradeceu a Julio Torrado o seu traballo de coordinación: "A min tocoume ,entre outras cousas, poñer negro sobre branco a posición do PSdeG sobre os proxectos industriais: o enfoque europeo de Non Facer un Dano Significativo é a pedra angular. Galicia non precisa máis celulosas de orixe forestal".
"Galicia ten unha oportunidade nesta transición ecolóxica. Pero tamén moitos retos e ameazas. Temos que camiñar de xeito firme pola descarbonización sen deixar de protexer os valores naturais do noso país. Máis renovables, máis industria sostible, máis protección da biodiversidade e restauración dos ecosistemas danados son prioridades políticas para o PSdeG"; destacou.
Os debates da Ágora Europa
González Casares agradeceu a toda a militancia que participou e asistiu aos debates da Ágora Europa, que foron organizados pola Delegación Socialista Española no Parlamento Europeo.
O primeiro debate foi sobre a xeopolítica europea, que tamén e un tema galego, e deixou tres cousas claras:
- O PSdeG ten xente nas institución que está en primera liña nas políticas europeas e internacionais.
- Cremos que é tempo de máis Europa e de apostar por aumentar as nosas capacidades de Seguridade e Defensa.
- Somos o único partido galego que mantén a mesma posición con Ucraína que con Gaza.
No segundo , sobre a crise da vivienda, que deixou claro que o PSdeG e os socialistas europeos defendemos a vivienda como un dereito onde outros so ven negocio.
No debate os ponentes explicaron as propostas do PSdeG: Apostar por un Banco público de alugueiro, por intervir os prezos nas zonas tensionadas e por unha política de construción de vivenda de protección pública como en otros países europeos.
No terceiro debate introduciuse o tema da lingua: “Galego, unha lingua europea”. González Casares explicou os avatares e iniciativas que estamos levando a cabo para que o galego teña o sitio que merece nas institucións da Unión. Fernando Ramallo explicou os motivos polos que tanto dende a perspectiva do dereito como dende a oportunidade é preciso avanzar nese sentido.
Silvia Longueira reinvindicou o esforzó do PSdeG por acadar un pacto e volver aos consensos abandoados polo PP que fixo esmorecer a nosa lingua, e que o PSdeG non vai deixar atrás.
Relación de membros da nova Comisión Executiva Nacional Galega:
- Presidencia: Carmela Silva Rego
- Secretaría Xeral: José Ramón Gómez Besteiro
- Secretaría de Organización: Lara Méndez López
- Secretaría de Relacións Institucionais: Marta Álvarez-Santullano Fernández-Trigales
- Secretaría de Igualdade: Silvia Fraga Santos
- Secretaría de Política Municipal: Juan Manuel Rodríguez García
- Secretaría de Administración, Acción Electoral e Réxime Interior: Luis Ángel Lago Lage
- Secretaría de Economía e Facenda: Abel F. Losada Álvarez
- Secretaría de Ordenación Territorio e Rexeneración Urbana: Noemí Díaz Vázquez
- Secretaría de Política Social, Maiores e Dependencia: Natalia González Beneitez
- Secretaría de Educación e Formación Profesional: Fabián Canosa Pasantes
- Secretaría de Acción Territorial e Formación: Aitor Bouza Manso
- Secretaría de Promoción Económica e Emprego: Nereida María Canosa Domínguez
- Secretaría de Medio Ambiente e Emerxencia Climática: Rubén Prol Mariño
- Secretaría de Sanidade e Voceiro: Julio Torrado Quintela
- Secretaría de Transportes e Mobilidade Sustentable: Patricia Otero Rodríguez
- Secretaría de Universidades e Ciencia: Julio Abalde Alonso
- Secretaría de Movementos Sociais: Uxía Oviedo De Dios
- Secretaría de Agricultura, Gandaría e Desenvolvemento Rural: Roberto Fernández Rico
- Secretaría de Memoria Democrática e Laicidade: Iván Puentes Rivera
- Secretaría de Cultura e Lingua: Silvia Longueira Castro
- Secretaría de Estudos e Programas: Ángel Rivas González
- Secretaría de Deportes e Políticas Saudables: Jorge Bustos Atanasio
- Secretaría Políticas Forestais e Montes: Teresa Fernández Pérez
- Secretaría de Rexeneración Democrática e Transparencia: Lorena Tenreiro Blanco
- Secretaría Transición Enerxética e Planificación Industrial: Ángel Mato Escalona
- Secretaría LGTBI: Aitor Rodríguez Casanova
- Secretaría do Mar e Recursos Mariños: José Ramón Romero García
- Secretaría Innovación, IA e Transformación Dixital: Francisco Cardama Santiago
- Secretaría de Dereito a Vivenda: Iria Sobrino Fagilde
- Secretaría de Análise e Prospectiva: Bárbara Domínguez González
- Secretaría de Política Europea: Nicolás González Casares
- Secretaría de Políticas de Seguridade e Emerxencias: Digna Rivas Gómez
- Secretaría de Turismo: J. Ignacio Gómez Pérez
- Secretaría de Emprendemento: Patricia Domínguez Barja
- Secretaría de Función Pública e Xustiza: María Fernández Ojea
- Secretaría de Despoboamento e Reto Demográfico: Ramón Alonso López
- Secretaría de Comercio e Consumo: Gloria Prada Rodríguez
- Secretaría de Galicia Exterior: Eladio Santos Martínez
- Secretarías Executiva: Marta Rouco Seoane, Ana Alvite García, Estefanía Taín Surribas y Celso Fernández López