Antón Dios Mariño
Asistente
Exerceu como xornalista en prensa escrita antes de dar o paso á comunicación política e institucional, primeiro no PSdeG-PSOE (2005) e, posteriormente, na Xunta de Galicia (2005-2009), o PSOE (2009-2011) e a Portavocía do Goberno de España (2011).
Pechada esta etapa, comezou a exercer como asesor no Grupo Parlamentario Socialista no Congreso dos Deputados ata que en 2014 se uniu ao grupo de asesores parlamentarios da Delegación Socialista Española no Parlamento Europeo, traballando desde entón na Comisión de Industria, Investigación e Enerxía e, desde 2019, tamén na Comisión de Pesca.
Pablo Pintos
Asistente
Traballou como analista de investigación en Economics for Energy, con estadías no Instituto de Investigación Tecnolóxica (IIT) de Comillas, centrándose a súa actividade no análise e validación de datos e no apoio sobre descrición e valoración de tecnoloxías enerxético-ambientais.
Mario Pais
Trainee
Exerceu como xornalista en diferentes medios escritos e como consultor de comunicación, tanto na empresa privada como en gabinetes de institucións públicas e partidos.