O eurodeputado socialista galego Nicolás González Casares denunciou hoxe a complicidade de boa parte da Unión Europea co que semella un xenocidio que Israel está perpetrando en Gaza, unha complicidade que se expresa tanto no silencio como na sumisión activa de dirixentes europeos como Ursula von der Leyen ou Kaja Kallas, que renuncian a defender o dereito internacional e os valores fundacionais da UE.

“ Como dí Josep Borrell Europa está perdendo a súa alma en Gaza. Os dereitos humanos ou son universais ou non existen para ninguén, e cando non actuamos ante esta atrocidade estamos sementando o terreo para a impunidade de futuros crimes contra a humanidade”, subliñou Casares, lembrando que “cando permitimos unha agresión aos dereitos humanos e calamos ante ela, estamos abolíndoos”.

O eurodeputado galego recalcou que en Gaza están en xogo as vidas de dous millóns de persoas sometidas a unha masacre, pero tamén “a consistencia do proxecto da UE baseado na Declaración dos Dereitos Humanos e nacido e fortalecido por facer fronte ao pasado máis escuro de Europa tras a barbarie nazi”. Non podemos falar de valores europeos mentres se envían armas a un goberno que bombardea hospitais, escolas e campos de refuxiados, e utiliza a fame como arma de guerra. Casares lembrou que algúns Gobernos europeos como o de España, pero tamén Irlanda ou Eslovenia están liderando propostas para unha actuación máis contundente pero atópanse co muro de países que non queren reprender a Israel así como unha dereita e ultradereita europeas ás que non lles importa actuar como cómplices do Goberno ultra de Netanyahu.

Iniciativas socialistas no Parlamento Europeo

A Delegación Socialista Española por iniciativa de Hana Jalloul , xunto co grupo Socialistas & Demócratas (S&D) liderado por Iratxe García, interpelaron en diferentes cartas á Presidenta da Comisión Europea Ursula Von der Leyen e a Alta Representante Kaja Kallas reclamando a adopción inmediata de medidas contundentes contra o goberno de Netanyahu. Entre elas:

Ademais, os eurodeputados socialistas presentaron unha batería de preguntas parlamentarias, entre elas as impulsadas por Nicolás González Casares, para presionar á Comisión Europea e ao Consello nos ámbitos onde a UE pode actuar de xeito inmediato fronte á barbarie.

“A historia está a observarnos”

Casares concluíu advertindo de que “Europa non pode mirar cara outro lado antes os crimes de Netanyahu, debe actuar con contundencia. A historia está a observarnos, e non actuar é ser cómplice do que está a ocorrer”.