O eurodeputado Nicolás González Casares denuncia ante a Comisión Europea o peche de Siemens-Gamesa, que recibe contiosas axudas da UE

January 15, 2021

O eurodeputado socialista galego, Nicolás González Casares, vén de denunciar ante a Comisión Europeo o peche da factoría de Siemens-Gamesa no concello galego das Somozas. Casares censura por “intolerable” que a compañía recibe contiosas axudas comunitarias ao tempo que anuncia o peche da factoría galega.

A través dunha pregunta parlamentaria, o eurodeputado socialista pon en coñecemento da Comisión a decisión de peche das plantas das Somozas (A Coruña) e Cuenca, afectando a 266 empleados, peches que se suman ao xa realizado o ano pasado de Aoiz (Navarra).

Tal e como apunta Casares, a decisión carece de sentido tendo en conta as expectativas de crecemento da capacidade de enerxía eólica instalada necesaria na Unión Europea para cumprir cos obxectivos de neutralidade climática en 2050.

Igualmente, o eurodeputado socialista critica que este anuncio coincide no tempo coa concesión dun crédito por importe de ata 300 millóns de euros concedido o pasado mes de decembro polo Banco Europeo de Investimento.

Por todo isto, o eurodeputado urxe á Comisión a informar sobre a contía das axudas europeas concedidas a esta empresa e, concretamente, para a factoría de As Somozas. Igualmente, inquire á Comisión sobre se considera compatibles tales apoios coa destrución e despido de centos de traballadores e se vai tomar alguna medida para avaliar e evitar a deslocalización deste tipo de empresas, máxime cando a UE necesita despregar enerxía eólica para o cumprimento dos seus obxectivos enerxético-climáticos

“É intolerable que se reciban axudas contiosas e que se vaia aumentar a potencia eólica en Europa e se pechen industrias ao mesmo tempo”, conclúe.

https://www.laopinioncoruna.es/economia/2021/01/14/frente-comun-desindustrializacion-cierre-siemens-28232174.html

Artículos relacionados