Unha Galicia forte en Europa

Besteiro forte en Europa

febrero 10, 2024

Besteiro defende que o PSdeG-PSOE desde o Goberno da Xunta vai estar enganchado a Europa e esa relación coas diferentes institucións será unha prioridade .Hai que pesar na UE e ter influencia en asuntos decisivos para a cidadanía de Galicia

O 27 marzo de 2023  Ursula Von der Leyen pecháballe as portas da Comisión Europea a Alfonso Rueda tras cancelarlle unha cita pola torpeza ,unha máis, de Alberto Núñez Feijóo que tratou de poñer atrancos á reforma das pensións en España. O PP non entende Europa como una prioridade e desde a Xunta a relación coas institucións da UE é de nula influencia pois como en case todas as políticas do PP en Galicia reinan a apatía e a desidia. Resulta moi significativo que desde que Rueda é presidente da Xunta  non fixera nin unha soa visita a Bruxelas nin Estrasburgo.

 O PP dedicouse estes anos, desde a crise da pandemia con máis intensidade, a tratar de torpedear a labor do Goberno de Pedro Sánchez, incluso poñendo atrancos para que España non recibira os Fondos de Recuperación. Topou Feijóo neses intentos sempre con barreiras, non so idiomáticas, pois a labor do Goberno de España e do seu presidente é amplamente recoñecida nas institucións da UE polo seu papel destacado na xestión da pandemia, coa estratexia de vacinación, coa posta en marcha do Plan de Recuperación, coas solucións para a crise enerxética ou coa exitosa Presidencia Española do Consello da UE durante o segundo semestre de 2023.

 Por iso non é de estrañar que durante o único debate ao que acudíu Rueda, ningúns dos contendentes se lembrara de Europa, salvo José Ramón Gómez Besteiro. O PSOE, pero tamén o PSdeG, son partidos cunha fonda vocación europeísta e a cidadanía recoñece nos socialistas eses valores. Rueda non quería meterse no “lío da UE” polo seu profundo descoñecemento e as outras opcións políticas carecen de verdadeira influencia en Bruxelas ,pois rara vez participan de xeito protagonista na elaboración das directivas e regulamentos.

 Besteiro defendeu que o PSdeG-PSOE desde o Goberno da Xunta vai estar enganchado a Europa e esa relación coas diferentes institucións será unha prioridade .Hai que pesar na UE e ter influencia en asuntos decisivos para a cidadanía de Galicia. Así o PSdeG-PSOE conta con medidas específicas , que van máis alá da consecución e xestión de Fondos UE, que sendo cruciais , débese ampliar o foco do que Galicia pode conseguir en Bruxelas.

 O programa socialista propón unha estratexia de “Acción galega na UE” baseada na presencia constante e activa do goberno galego en todas as decisións estratéxicas para o país que inclúe visitas periódicas do presidente da Xunta. Así mesmo nesa estratexia promoverase o traballo coordinado con TODOS/AS os eurodeputados/as galegos/as de todas as forzas políticas, sen marxinar a ningún grupo, para influir nos asuntos prioritarios para Galicia: pesca, transición ecolóxica, industria, agro,etc. Ademais levará a cabo accións de posicionamento dos intereses galegos coa Comisión Europea e co Consello da UE en coordinación coa Representación Permanente do Goberno de España.

 Pero a acción da Xunta de Galicia na UE non debe limitarse so ás administracións públicas, debe poñerse a disposición das empresas galegas nas institucións da UE para que poidan afrontar labores de influencia . Moitas empresas galegas , a maioría pemes non teñen capacidade ,pero as veces sí asuntos que lles preocupan ou que afectan ao seu modelo de negocio, e non teñen medios para actuar na complexidade da burbulla comunitaria ou non dispoñen de suficiente pulmón económico como para abordar pagos aos despachos de asuntos públicos. A oficina da Xunta en Bruxelas ten que servir para algo máis que o papel que desenvolve agora. Hai que reforzala.

 Ademais Galicia xa ten presencia funcionarial , como calquera rexión europea, no ecosistema da UE .Hai que aproveitar ese potencial polo que desde o Goberno da Xunta , Besteiro creará un “Consello de galeguidade nas institucións europeas” para que os/as numerosos/as galegos e galegas que traballan na Comisión Europea , Consello da UE, Parlamento, Banco Europeo de Investimento e tamén os/as que traballan nos múltiples despachos de influencia da capital comunitaria coñezan as políticas que necesitan apoio para o país e propoñan ou suxiran accións ou medidas favorables para o desenvolvemento de Galicia dentro da UE.

 O programa do PSdeG-PSOE liderado por Besteiro é sen dúbida ambicioso nese eido. A tradición socialista de poñer a Europa sempre no foco é a mellor garantía do seu cumprimento. 

Artículos relacionados