González Casares insta á CE a estandarizar os datos sobre o coronavirus na Unión Europea

Marzo 28, 2020

O eurodeputado socialista Nicolás González Casares instou a Comisión Europea a protocolizar e estandarizar as probas de detección do COVID-19, “igualando a recollida de datos en todos os Estados membros”. Nunha pregunta escrita, González Casares aseguro que hoxe en día, cada Estado adaptou o seus protocolos de diagnóstico ás súas posibilidades, pero que “non hai un estándar común na súa recolección”. Polo tanto, aseguro, “é necesario homoxeneizar eses datos ou propoñer instrumento de medida indirectos que permitan comparativas estandarizadas”.

González Casares pregunta tamén se sería posible poñer en marcha enquisas, por exemplo, vía Eurostat, que permitan realizar unha estimación real das persoas que sufriron a enfermidade.

Ver pregunta AQUÍ

Artículos relacionados