González Casares congratúlase de que o Parlamento Europeo endureza o regulamento contra a contaminación por pélets

Abril 23, 2024

Os socialistas europeos lideran as negociacións na Eurocámara

Hai uns meses, os pélets aterraban na costa galega, obrigando aos cidadáns e cidadás a mobilizarse ante un “goberno rexional que os abandonaba”. Unha vertedura de microplásticos que se constatou daniña para os ecosistemas e que podería selo tamén para a saúde humana. Ante este panorama, e coincidindo co Día Internacional da Nai Terra, o Parlamento Europeo adoptou o informe sobre o regulamento relativo á prevención das perdas de pélets, cuxas negociacións coa Eurocámara lideraron os socialistas europeos.

“Os grandes contaminadores de pélets deben pagar polo dano provocado nas costas, pero sobre todo deben facer prevención”, apuntou o eurodeputado Nicolás González Casares, quen aplaudiu a decisión de ampliar o ámbito de aplicación da regulación aos transportistas de fóra da Unión Europea, sector marítimo incluído, co obxectivo de conseguir cero perdas de pélets. “Trátase dunha regulación ambiciosa que leva o compromiso de que quen contamina paga”, engadiu.

Coas medidas propostas polo Parlamento, impoñerase aos operadores e transportistas de pélets a responsabilidade de monitorear e limpar as verteduras, así como de xestionar de maneira máis rigorosa a identificación, almacenamento e transporte dos contedores de pélets. Todo isto a pesar dos intentos do Partido Popular Europeo por rebaixar as propostas da Comisión, propoñendo excluír a un maior número de operadores e diminuír os requisitos para as análises de cumprimento normativo e os plans de análises de riscos.

Artículos relacionados