Europa con Xeito: unha conversa con Besteiro

Neste novo videopodcast, que nace como complemento ao newsletter Europa con Xeito, o eurodeputado galego Nicolás González Casares senta a conversar en Bruxelas co secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, aproveitando a súa visita ao Parlamento Europeo.

Falan de Galicia, da súa industria, do papel de Europa no seu futuro, da presenza da lingua galega na Unión Europea ou do lugar que debe ocupar Galicia na UE nos vindeiros anos.

Trátase dun espazo pensado para achegar a Unión Europea á cidadanía.

Pulsa na ligazón para ver o videopodcast.