"Coa medicación, a seguridade é o primeiro", afirma o eurodeputado
O eurodeputado socialista Nicolás González Casares sinalou que “en España non se vai a retirar o prospecto dos medicamentos en papel, porque mantelo é fundamental para garantir un uso seguro”. González Casares defende que “mentres haxa pacientes sen acceso á información dixital, ten que haber un prospecto en papel. Coa medicación, a seguridade é o primeiro”.
A Comisión Europea presentou en 2023 unha proposta de Directiva de produtos farmacéuticos que inclúe o desenvolvemento do prospecto dixital, e permite que os Estados membros decidan se manteñen o papel. Con todo, González Casares lembrou que a posición do Parlamento Europeo restrinxe de maneira drástica a posibilidade de que os Estados retiren o prospecto. “Só poderían facelo despois de consultar cos pacientes e o sector sanitario. Polo tanto, no caso de España iso non vai ocorrer porque o Goberno ten unha posición clara a favor de manter o papel”, dixo González Casares, que é o relator socialista do Parlamento Europeo sobre a Directiva.
“Os socialistas defendemos a necesidade de que convivan o papel e o formato dixital. Reducir o uso de papel é un obxectivo loable, pero cando falamos do uso de medicación, non se pode xogar”, subliñou.