González Casares, en RNE: “Hai que traballar en compatibilizar os usos do espazo marítimo e era preciso ordenalo”

March 9, 2023

O eurodeputado Nicolás González Casares aborda a actualidade da enerxía e a pesca nesta entrevista en RNE Galicia

Recentemente o Consello de Ministros aprobou o Plan de Ordenación do Espazo Marítimo, un acordo que chega despois dun longo periodo de negociacións. Esta estratexia aborda as necesidades de uso do espazo marítimo desde a óptica de manter o equilibrio entre o uso pesqueiro, enerxético ou de transporte. Tal e como apunta o eurodeputado Nicolás González Casares, “hai que traballar en compatibilizar os usos do espazo marítimo e era preciso ordenalo”.

O eurodeputado explica que “só un 0,48 % dese espazo marítimo vai ser potencialmente utilizado para a enerxía” e avoga polo diálogo para compatilizar os diversos usos, tendo en conta que “os muiños máis próximos estarán a 21 quilómetros da costa”. “Queremos tamén ter unha industria galega que surta a Europa dos compoñente industriais necesarios” para as instalacións offshore, lembra o socialista.

Nesta entrevista a RNE Galicia, o parlamentario incide na postura do seu partido a rebaixar a protección medioambiental e insta á Xunta de Galicia a comprometerse na protección da Rede Natura, tanto no mar como na terra.

Na seguinte ligazón podes escoitar a conversa completa na que tamén se fala sobre a nova Directiva de Renovables ou a mina de San Fins, en Lousame.

Artículos relacionados

Unha Galicia forte en Europa

Unha Galicia forte en Europa

Besteiro defende que o PSdeG-PSOE desde o Goberno da Xunta vai estar enganchado a Europa e esa relación coas...

A aposta verde é vermella

A aposta verde é vermella

ESTE ARTIGO FOI PUBLICADO EN Praza Pública O 9 DE FEBREIRO. AQUÍ PODES LELO Na Ría do Burgo, na área metropolitana da...

Galicia persigue la primavera

Galicia persigue la primavera

ESTE ARTÍCULO FUE PUBLICADO EN infoLibre El 8 DE FEBRERO. AQUÍ PUEDES LEERLO Cuando Feijóo ordenó a Rueda convocar las...