González Casares forxa un amplo acordo social na reforma do mercado eléctrico da UE

July 6, 2023

Os catro grupos principais do Parlamento Europeo subscriben a proposta do eurodeputado socialista

O eurodeputado Nicolás González Casares conseguiu avanzar nunha reforma do mercado eléctrico da Unión Europea, con visión europeísta, nun tempo récord, en apenas dous meses. O acordo, cun texto único, presentado polo relator ao resto de grupos foi subscrito polos catro grupos principais do Parlamento Europeo (o Grupo da Alianza Progresista de Socialistas e Demócratas, Partido Popular Europeo, Renew Europe e o Partido Verde Europeo) e será votado o próximo 19 de xullo no Comité de Enerxía e Industria.

“Confío en que poida haber un acordo para un mercado eléctrico que teña en conta á cidadanía á vez que avance en transición enerxética antes de finais de ano”, apuntou González Casares sobre o acordo que se negociará con grande unidade ante o Consello que agora preside España. O seu propósito é lograr unha reforma do mercado eléctrico que consolide a protección aos consumidores e avance en transición enerxética.

O acordo parlamentario dá luz verde á prohibición de cortar a subministración aos consumidores vulnerables ou en risco de pobreza enerxética ou á simplificación para a automatización da declaración dunha crise de prezos por parte da Comisión Europea. Tamén se fortalecen os mercados a prazo ao considerar os Contratos por Diferenza (CfD) o estándar europeo de referencia para os esquemas de axuda públicos e contémplase unha maior transparencia nos acordos de compra bilaterais (PPAs). Os CfD bidireccionais deberán dirixir os seus ingresos aos consumidores vulnerables de maneira prioritaria, á transición enerxética, a compensar os seus propios custos e ,en situacións de crises, á industria electrointensiva.

Outras medidas de protección dos consumidores acordados por González Casares céntranse en asegurar a estabilidade dos contratos, polo que as compañías estarán obrigadas a mantelos e non rompelos unilateralmente á vez que non se poderá deixar a consumidores sen provedor. Ademais avánzase no Dereito para Compartir Enerxía e acoútase/acóutase aos consumidores tradicionais, que agora poden compartir os seus sobrantes de autoconsumo, limítase drasticamente que terceiros axentes poidan obter posicións de dominio. Ademais facilítase o desenvolvemento de pequenas instalacións de autoconsumo.

No acordo non se inclúe o límite aos beneficios das inframarginales, aínda que a Comisión Europea terá que realizar un informe en xuño de 2024 con propostas de medidas de válvula de escape de prezos por se estes dispáranse.

A reforma do mercado eléctrico da UE

A UE lanza a súa reforma do mercado eléctrico co obxectivo de abaratar a enerxía, evitar picos de volatilidade e gañar competitividade na carreira cara a unha economía descarbonizada. Tamén busca acelerar o crecemento das enerxías renovables e a eliminación gradual do gas natural, reducir a dependencia das facturas dos consumidores dos volátiles prezos dos combustibles fósiles e protexer mellor aos consumidores fronte aos prezos futuros.

Artículos relacionados