González Casares: “A nova normativa europea protexe máis aos doantes e receptores de sangue e outras substancias de orixe humana”

Setembro 12, 2023

“A doazón debe ser voluntaria e altruísta”, subliñou o eurodeputado

O eurodeputado socialista Nicolás González Casares asegurou que o novo Regulamento sobre substancias de orixe humana aprobada hoxe polo Pleno do Parlamento Europeo “reforza a protección de doantes e receptores, prohibe a publicidade sobre compensacións económicas, establece medidas para garantir a continuidade da subministración e facilita o intercambio de información sobre a dispoñibilidade de substancias”. A normativa inclúe non só a sangue, os tecidos e as células, senón tamén outras substancias de orixe humana, como o leite materno ou a microbiota.

“A doazón debe ser voluntaria e altruísta”, subliñou González Casares, que é membro da Comisión de Medio Ambiente, Saúde Pública e Seguridade Alimentaria e relator socialista para este informe. “O texto reforza a non remuneración das doazóns, en liña coa Carta dos Dereitos Fundamentais da UE, que prohibe o pago por partes do corpo humano. Si se permite unha compensación aos e as doantes polo tempo investido ou polos gastos de transporte, por exemplo, pero esta nunca debe ser utilizada como incentivo para a doazón”, sinalou González Casares.

Por outra banda, o novo regulamento insta os Estados a “fomentar unha forte participación do sector público e sen ánimo de lucro na recolección de substancias de orixe humana” e inclúe o recoñecemento de que algunhas doazóns, como as de ovocitos, medula ósea, células nai de sangue periférica e plasma implican un risco significativo, polo que debe haber un seguimento da saúde dos doantes proporcional ao nivel de risco.

Artículos relacionados