O eurodeputado galego Nicolás González Casares participa no Congreso dos Socialistas e Demócratas Europeos en Berlín

Outubro 17, 2022

O representante socialista no Parlamento Europeo acude ao encontro dos socialistas europeos na capital alemá no que participarán Pedro Sánchez e Iratxe García Pérez, entre outros

O eurodeputado galego do PSdeG, Nicolás González Casares, participa dende o xoves día 13 ata o sábado 15 como delegado no Congreso dos socialistas europeos, no que tamén intervirán o presidente do goberno, Pedro Sánchez, e a portavoz do Grupo de S&D no Parlamento Europeo, Iratxe García Pérez. O encontro estará centrado nos ámbitos da seguridade europea e da crise enerxética ante a guerra de Ucraína.

Esta semana, entre o xoves 13 e o sábado 15 de outubro, celébrase o Congreso dos Socialistas e Demócratas Europeos, que estará centrado en avanzar e propoñer solucións nos campos da seguridade comunitaria e no da crise enerxética, ante a actual situación de incerteza derivada da guerra de Ucraína.

Neste encontro participará como delegado dos socialistas españois, o europarlamentario galego e secretario de UE do PSdeG, Nicolás González Casares. O natural de Lalín levará ao Congreso dos socialistas europeos as principais preocupacións de Galicia con respecto á actividade comunitaria, como o actual veto á pesca de fondo da Comisión Europea.

Non será a única representación do PSOE neste evento tamén acudirán a portavoz do grupo socialista europeo, Iratxe García Pérez, o portavoz no Congreso dos Deputados, Patxi López, o deputado socialista Antidio Fagúndez ou o membro da executiva Federal do PSOE, Javier Izquierdo, entre outros membros destacados da delegación socialista.

Neste importante evento participarán distintos, presidentes de goberno, primeiros ministros e xefes de estado europeo, entre os cales podemos destacar o presidente do goberno de España, Pedro Sánchez, a primeira ministra finesa, Sanna Marin, ou o chanceler alemán, Olaf Scholz.

Artículos relacionados

COP27: Non deixes para mañá…

COP27: Non deixes para mañá…

Rematou a COP27 na turística Sharm el Sheikj en Exipto e é hora de facer balance dunha COP que só pasará á historia...