Novas medidas europeas na crise enerxética. Entrevista a Nicolás González Casares

October 10, 2022

ESTA ENTREVISTA FOI PUBLICADA EN Antena3.ro O 17 DE SETEMBRO. AQUÍ PODES LELO

Nicolás González Casares, membro do Parlamento Europeo, falou no programa Be EU con Sabina Iosub sobre as medidas que poden tomar os estados europeos con respecto á crise enerxética, pero especialmente como se comporta Romanía neste caso

Nunha entrevista concedida a Sabina Iosub no Parlamento Europeo en Bruxelas, Nicolás González Casares falou sobre que solucións están a tomarse a nivel europeo para un gran problema que a humanidade enfronta desde hai un ano.

“Despois dun ano, creo que estamos nunha situación peor que antes. E no meu país (España) e noutros países, tiñamos sinais de que enfrontariamos este problema. E agora, todo é aínda peor debido á guerra en Ucraína. Os prezos do gas aumentaron moitísimo. É incrible o alto que está o prezo agora. Nin os consumidores domésticos nin as empresas so poden permitir, polo que temos que buscar novas solucións. Por exemplo, en España atopamos unha solución que consistía en limitar o prezo do gas que se usa para a electricidade, unha solución chamada ‘Excepción Ibérica’ e funcionou, pero agora necesitamos unha solución a nivel europeo, non só local. Necesitamos unha solución europea para estes prezos e agora é o momento de atopala, porque a situación empeora e achégase o inverno. Debemos estar preparados para isto”, dixo Nicolás Gonzales Casares, membro do Parlamento Europeo, no programa Be EU.

Artículos relacionados