González Casares reclámalle á Comisión unha aposta pola reindustrialización farmacéutica en Europa

Outubro 3, 2023

“O desabastecemento de medicamentos foi a peor nos últimos anos”

O eurodeputado socialista Nicolás González Casares pediu á Comisión Europea soporte público “con esforzo investidor para aumentar a nosa produción de medicamentos e reducir a nosa dependencia doutros países”. “O desabastecemento de medicamentos, foi a peor nos últimos anos”, dixo González Casares ante a comisaria de Saúde e Política de Consumidores Stella Kyriakides, cuxa comparecencia no Pleno el mesmo solicitara.

“Temos unha gran dependencia de países como China e India que producen ata o 80% dos principios activos e o 40% dos medicamentos que se utilizan en Europa. Que non se nos esqueza a situación crítica fronteiras durante a pandemia”, insistiu. Ademais, lembrou que na UE “estamos a perder a iniciativa en investigación e innovación, quedando á zaga fronte a países como China ou Estados Unidos”.

O eurodeputado, que é membro das comisións de Industria e de Medio Ambiente e Saúde Pública, subliñou que o desabastecemento “se traduce en miles de pacientes que non poden acceder ás súas medicinas, nenos e nenas que o inverno pasado non contaron con formas farmacéuticas pediátricas, problemas en persoas con enfermidades raras ou antibióticos que non son exactamente os prescritos polo médico e inciden na resistencia antimicrobiana”.

Artículos relacionados