“Putin xogou demasiado tempo cos prezos do gas e non debemos permitirllo máis”

O eurodeputado pide a adopción de medidas conxuntas en Europa para afrontar a crise enerxética ante a invasión de Ucraína

A agresión militar rusa contra Ucraína centra as sesións plenarias deste xoves e venres do Consello Europeo. Ademais das cuestións de índole económica e as vencelladas á seguridade e a defensa, a enerxía ocupa parte do debate ante a persistencia dos prezos elevados e o seu impacto na cidadanía e no tecido empresarial.

“Putin xogou demasiado tempo cos prezos do gas e non debemos permitirllo máis”, afirmaba Nicolás González Casares, membro da Comisión de Enerxía e Industria do Parlamento Europeo, esta mañá. Consciente da dureza da situación chamou a tomar accións conxuntas que conduzan a solucións que resulten beneficiosas para todos os actores implicados, tal e como se actuou desde Europa fronte á COVID-19.

O eurodeputado socialista urxe diversificar e acelerar as enerxías renovables, incrementar a súa eficiencia, reforzar as interconexións e o mercado interior europeo para “cortar a sangría dos prezos da enerxía”. “Pensemos nos cidadáns, en que lles afecte o menos posible ao seu peto a crise que imos vivir por culpa desta guerra. É a nosa responsabilidade ver o que pasa na cidadanía e tomar medidas acordes coa situación actual”, defendeu González Casares.

Entre a batería de decisións que se deben adoptar, está a de desacoplar os prezos da electricidade e o gas. Unha medida que o Goberno español leva esixindo desde fai meses ante unha Comisión que, aínda agora, presenta un plan de acción.

“Estamos nunha situación de guerra e temos que ser valentes e firmes nas decisións”, insistía Nicolás González, para o cal a execución dun plan que garanta uns prezos da enerxía alcanzables e a seguridade da subministración non pode agardar máis.

Artículos relacionados

Unha Galicia forte en Europa

Unha Galicia forte en Europa

Besteiro defende que o PSdeG-PSOE desde o Goberno da Xunta vai estar enganchado a Europa e esa relación coas...

A aposta verde é vermella

A aposta verde é vermella

ESTE ARTIGO FOI PUBLICADO EN Praza Pública O 9 DE FEBREIRO. AQUÍ PODES LELO Na Ría do Burgo, na área metropolitana da...

Galicia persigue la primavera

Galicia persigue la primavera

ESTE ARTÍCULO FUE PUBLICADO EN infoLibre El 8 DE FEBRERO. AQUÍ PUEDES LEERLO Cuando Feijóo ordenó a Rueda convocar las...