González Casares: “A Reforma do Mercado Eléctrico é un logro dos socialistas para protexer aos consumidores ante subidas de prezos”

Abril 11, 2024

O Pleno aproba a Reforma do Mercado Eléctrico con carácter social e sostible

O eurodeputado socialista Nicolás González Casares subliñou que a Reforma do Mercado Eléctrico que hoxe aprobou o Pleno do Parlamento Europeo ofrece “máis protección e novos dereitos para os consumidores e prezos contidos da electricidade para cidadáns e empresas, que redundarán en maior competitividade das nosas economías”.

González Casares, que foi o relator da Eurocámara para esta reforma, destacou que se trata dun “logro do Grupo Socialista e do Goberno de España, que desde o verán de 2021 denunciou os fallos de deseño do mercado eléctrico e propuxo medidas pioneiras que logo se demostraron eficaces”. “Mentres a cidadanía baleiraba os seus petos outros enchíanos a toda velocidade”, sinalou. Ademais, reivindicou o papel do Parlamento Europeo, que actuou con rapidez, “mesmo antes que o Consello”, e asegurou que a reforma “xa rendeu froitos no curto prazo”.

O eurodeputado destacou na súa intervención que a reforma “permite que os cidadáns e empresas se beneficien de prezos alcanzables e predicibles”, impulsa medidas como o almacenamento e a integración de renovables e reforza os investimentos en redes. Ademais, consagra novos dereitos, como o dereito para compartir enerxía, que fará posible unha maior democratización das renovables; e crea un marco predicible fronte a situacións de crises de prezos de prezos, para “que os Estados membros poidan intervir en favor de cidadáns e empresas”.

González Casares referiuse particularmente ao carácter social e sostible da reforma, que prohibe desconectar a enerxía ás persoas vulnerables e impulsa a electrificación. “O social coincide co que é xusto climaticamente. Menos combustibles fósiles e máis renovables, que son máis alcanzables”, dixo.

Artículos relacionados