González Casares denuncia que o PP impide o debate europeo sobre Altri e a manipulación informativa na TVG
O eurodeputado socialista acusa aos populares de “agochar temas incómodos” e de aliarse coa extrema dereita para silenciar á cidadanía galega en Europa
Casares abre o novo curso do Seminario Europa cunha advertencia sobre o regreso dos “deuses fortes”
O eurodeputado socialista defende o fortalecemento do proxecto da UE, baseado nos valores democráticos e liberais, ante o “retorno dos deuses fortes”
González Casares celebra a aprobación do regulamento sobre pellets, reforzado tras a nefasta xestión da Xunta ante o vertido en Galicia
O eurodeputado socialista galego, Nicolás González Casares, celebrou hoxe a aprobación definitiva no Parlamento Europeo do regulamento para previr as perdas de gránulos de plástico (pellets), “un avance moi importante para combater a contaminación por microplásticos e evitar que se repitan episodios como o que afectou ás costas galegas en 2023”. O socialista César Luena, […]
Casares: “A Comisión realiza unha emenda á totalidade da política ambiental da Xunta de Galicia en materia de Rede Natura”
Nunha resposta, a Comisión sinala que Galicia “non fixou obxectivos de conservación e medidas de conservación” nas súas zonas especiais de conservación
González Casares: “O PP vetou escoitar os problemas de contaminación do encoro das Conchas”
O eurodeputado galego critica que o Partido Popular Europeo bloquee o debate sobre o encoro das Conchas
González Casares acusa á Xunta de fallar “estrepitosamente” na xestión dos incendios e de ocultar a superficie queimada
O eurodeputado socialista denuncia que o Goberno galego “contribúe aos incendios” ao rexeitar pactos contra o cambio climático, non contratar bombeiros en condicións dignas e incumprir a normativa europea en materia de Rede Natura
González Casares advirte que o Tribunal de Contas da UE xa destapara as carencias da Xunta na loita contra o lume
O eurodeputado denuncia a falta de traballos de mantemento nos cortalumes
Xenocidio en Gaza e a UE : González Casares expón as últimas accións parlamentarias levadas a cabo.
O eurodeputado socialista galego Nicolás González Casares denunciou a complicidade de boa parte da Unión Europea co que semella un xenocidio que Israel está perpetrando en Gaza
Casares reclama unha revisión urxente do Regulamento de Augas Profundas para excluír o palangre de fondo do seu ámbito de aplicación
Nunha carta ao comisario de Pesca, lembra que o peche de 87 zonas foi “particularmente severo” co palangre
Casares: “Achégase a hora de levantar a inxusta condena que o PP impuxo a Galicia coa AP-9”
O eurodeputado socialista valora como “histórica” a decisión da Comisión Europea de instar a España a corrixir as irregularidades na concesión da autoestrada
Recent Comments